O Equipo da Biblioteca do instituto organizou un intercambio de libros, como actividade de fomento da lectura. Os libros foron recollidos entre o 6 e o 10 de maio e, no primeiro tempo de lecer do día 14 de maio, o alumnado participante recolleu os seus novos exemplares.
Todolos artigos de: vicedireccion
GALICIENCIA 2019
Un grupo de 23 alumnos e alumnas do instituto visitou na mañá do 10 de maio os stands de Galiciencia na Tecnópole de Ourense. Alí coñeceron diversos proxectos científicos levados a cabo en centros de ensino galegos e doutras CCAA, nos que a posta en práctica de aplicacións móbiles para a realización efectiva de deporte de cara a previr enfermidades cardiovasculares, a posta en marcha dun alcoholímetro dixital co obxecto de previr unha condución temeraria ou a erradicación das velutinas a través dun fungo que resulta mortal para elas tiveron acollida especial entre o xurado do certame e entre o noso propio alumnado. Outras moitas experiencias enriqueceron a visita. Seguir lendo GALICIENCIA 2019
CIENCIA NA RÚA 2019
O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Un ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco e María José Fandiño. Seguir lendo CIENCIA NA RÚA 2019
VIAXE EUROPEA 2019
Os participantes na Viaxe Europea chegaron a Atenas a primeira hora da mañá do día 28 de abril. Forman parte desta expedición, de enriquecemento cultural, 55 estudantes de diferentes cursos (de tódolos niveis de ESO e 1° de bacharelato) e cinco docentes: Jorge Calle López, Xosé Antón García González, Pilar Morandeira Roel , Francisco Rodríguez e Carlos Vidal López. Seguir lendo VIAXE EUROPEA 2019
XORNADAS DO ICF: MEDIACIÓN ESCOLAR
O pasado sábado 27 de abril os alumnos Orleni Mateo e Eduardo Xavier Giménez, xunto coa exalumna Amy Díaz, participaron nas XIII Xornadas do ICF, que tiveron lugar no Salón de Actos da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita). Seguir lendo XORNADAS DO ICF: MEDIACIÓN ESCOLAR
NEIRANAUKAS
O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
A comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas desexa unhas felices vacacións a tódolos seus membros. O 23 de abril regreso ás aulas con enerxías renovadas
INTERCAMBIO EN FRANCIA
Parte do noso alumnado segue nestes momentos en Bretaña, no XI intercambio co Collège Notre Dame le Ménimur de Vannes. Podedes ver máis fotos en Instagram, neste enlace.