Arquivo da categoría: EDNL

CHARLA SOBRE LUÍSA VILLALTA

O mércores 17 de abril a escritora Marga do Val impartiu unha charla sobre Luísa Villalta ao alumnado de 2º Bacharelato. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega e literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, permitiu coñecer mellor á autora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Moitas grazas a Marga do Val por este interesante achegamento a Luísa Villalta.

FESTIVAL BOCA CHEA

O luns 15 de abril Ángeles Goás, de Abadín (Lugo), achegoulle ao alumnado de 3º ESO aquelas historias de noso que se transmiten oralmente de xeración en xeración. Grazas ao Equipo de Dinamización Lingüística e ao Departamento de Lingua Galega e literatura do noso instituto, así como ao Equipo de Normalización do Concello de Oleiros por facer posible, un ano máis, este festival no noso centro educativo.

Neira Vilas e Prisciliano

O 2 de decembro de 2022,  Victorino Pérez Prieto -no marco da Semana Neira Vilas– deu unha charla no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas” de Oleiros sobre “Xosé  Neira  Vilas  e  Prisciliano”.
Xosé Neira Vilas ten manifestado un profundo interese por Prisciliano, un bispo inxustamente axustizado por herexe ao remate do século IV. El e a súa dona Anisia Miranda eran alcumados pelo seu amigo o insigne escritor Alejo Carpentier “os meus amigos herexes priscilianistas”.
Egrexios galegos como Otero Pedraio, Risco e Castelao tiñan tamén manifestado a importancia de Prisciliano na cultura galega. Otero chega a dicir que é “a maior individualidade que Galiza xerou”.
Prisciliano (345-385) foi un teólogo xenial, pero que foi condenado como herexe bispos e concilios por descoñecemento dos seus escritos, mas logo foi rehabilitado 1500 anos despois.  Foi tamén un asceta, un abstinente; e asé mesmo foi o iniciador dun movemento social e profeta contra o poder establecido na Igrexa na decadencia do imperio romano. E para os galegos un mito necesario para Galiza, por estar nos alicerces da cultura galega.

ENTROIDO NO NEIRA

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado 25 de Febreiro o IES Neira Vilas puxo o punto e final a unha semana de celebracións do entroido cun festival de disfraces que amosou, un ano máis, a creatividade e ilusión dos participantes.  Alumnado e profesorado disfrutaron de diversas actividades (desafío filloeiro, lectura dos testamentos…), xogos e bailes para rematar as xornadas.

Acción #EDLG no CEIP Valle-Inclán

Unha nova acción do colectivo GALEGUIZA-T tivo lugar hoxe no CEIP Valle-Inclán de Perillo. Cinco alumnas e alumnos correspondentes ao EDLG (María, Antía e Gabi, de 1º ESO; Iago e Marcos, de 2º Bach) levaron a cabo una conferencia sobre Imagotipos para concienciar do uso do galego na vida cotiá.