Todolos artigos de: xefatura

CONVOCATORIA DE 3 MOBILIDADES ERASMUS+ EN FRANCIA PARA O CURSO 2025/2026

O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas é socio do consorcio de mobilidade Galemundo Acreditación Erasmus+ no Sector da Educación Escolar coordinado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O consorcio desenvolverá actividades de mobilidade con fondos Erasmus+ a través dun proxecto acreditado durante o curso 2025-2026.
Ao noso centro correspóndenlle 3 mobilidades en Francia, que se desenvolverán a comezos do curso 2025-2026 e están destinadas a 3 alumnos/as actualmente matriculados en 4º ESO e que no curso que vén vaian facer 1º Bacharelato.
Publícase, polo tanto, a convocatoria correspondente a estas mobilidades, na que se detalla toda a información sobre cando se desenvolverán, con que características, que alumnado destinatario, que criterios de selección do mesmo… e se detallan os prazos para que as persoas interesadas poidan solicitala na Secretaría do centro, presentando a documentación que se publica a continuación e se indica na convocatoria.
– Documentación necesaria para facer a solicitude:
  1. Solicitude de participación.
  2. Condicións de participación.
  3. Declaración datos de saúde.
  4. Autorización uso de imaxes.
Asemade, convócase a aquelas persoas interesadas nestas mobilidades a unha reunión informativa que terá lugar no centro o xoves 24 de abril, ás 18:00 h.
O prazo para solicitar participar nestas mobilidades remata o luns, 28 de abril, ás 14:00 h.

CONVOCATORIA DA PROBA EXTERNA DE BACHIBAC PARA O CURSO 2024-25

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa vén de publicar a convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac) para o curso académico 2024-25 e de ditar instrucións para o seu desenvolvemento, que se poden consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46297.
O alumnado de 2º Bacharelato que cursa este programa deberá inscribirse na proba externa, presentando o anexo I no centro, entre os días 4 e 8 de abril.
A proba externa terá lugar os días 29 e 30 de abril, segundo o horario e instrucións que se recollen no mesmo documento.

 

NORABOA, VÍTOR!

O noso alumno de 3º ESO, Vítor Augusto Ramos Pinto, alzouse co galardón do Premio de Poesía Respira! na categoría de alumnado de ESO cun poema en portugués titulado “A vida no Brasil”. Este premio, que este ano celebra a súa terceira edición, enmárcase no VIII Festival de Poesía para corpo principal “Alguén que respira”, organizado polo Concello de Santiago de Compostela. O vindeiro 21 de marzo, Día mundial da Poesía, seralles entregado o galardón aos/ás gañadores/as nas catro categorías (Universidade, Bacharelato, ESO e Primaria). Máis información pode consultarse na web: https://alguenquerespira.gal/o-premio-do-festival-respira-descubre-catro-novos-poetas/. Noraboa, Vítor!

 

8 MARZO DÍA DA MULLER CHARLA NON CALARÁS

O alumnado de 1º BACH achegouse ao Proxecto “Non calarás!” da man da presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo e descubriu a historia das mulleres bravas e afoutas que sacaron adiante labores, oficios e proxectos tanto na Coruña como no noso contorno máis próximo. Así coñecemos as achegas matemáticas da oleirense María Wonenburger ou o feito de ser a primeira directora dun xornal como o caso de María Luz Morales.

As mandadeiras, as lavandeiras, as mestras, etc, estiveron na nosa aula para mostrarnos ese mundo que cambiou grazas ao seu esforzo e loitas, e lembrarnos que a súa historia está aínda por contar. Non calarás é o primeiro paso para recoller os seus logros e anímanos a facer o mesmo e achegarnos á historia de Acorunhadasmulleres.

NORABOA, MALENA!

A nosa alumna Malena Castiñeira Franesqui, de 1º Bacharelato, resultou gañadora da edición de 2024 do concurso “Relatos de verán” que convoca cada ano La Voz de Galicia, na categoría para maiores de 16 anos co relato “Algo para pensar”. A nova completa do galardón pode lerse aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2025/03/10/span-langglos-relatos-malena-castineira-lucia-atrio-imponense-concurso-relatos-veranspan/0003_202503G10P27_COPY994.htm. E o relato de Malena pode lerse en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2025/03/10/pensar/0003_202503G10P27_COPY995.htm. Noraboa, Malena, e que sigas colleitando moitos éxitos literarios!

OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE ESTUDO

O martes 11 de febreiro comezaron a desenvolverse no noso centro os obradoiros de técnicas de estudo, dirixidos ao alumnado de 1º e 3º ESO e organizados e sufragados, como en cursos anteriores, pola ANPA Arce. As sesións, que se prolongarán ata mediados de marzo, son impartidas por Belén Pérez Sanmartín, especialista en técnicas de estudo e pedagoga en “Eleeméntal. Logopedia y Pedagogía”, situado en Perillo. O seu obxectivo é contribuír a dotar ao alumnado das ferramentas precisas para organizar o seu traballo, xestionar o tempo e desenvolver estratexias que permitan mellorar o seu estudo. Para iso, cada grupo traballará nos diversos contidos destes obradoiros durante catro sesións.

CALENDARIOS DE FINAL DE CURSO E INSTRUCIÓNS PARA A RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou a Instrución 2/2025 pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2024/25 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45674).
De acordo con esta instrución e coas normas de organización, funcionamento e convivencia do centro, establécense os seguintes calendarios de final de curso:
– Para 2º Bacharelato.
– Para a ESO e 1º Bacharelato.

O NOSO CENTRO EN “FAI MEMORIA! XORNADA DE FORMACIÓN PARA DOCENTES ARREDOR DA MEMORIA HISTÓRICA”

Este sábado, 18 de xaneiro, celebrouse no Centro sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela a xornada “Fai memoria!”, organizada pola Deputación da Coruña e dirixida por Eva Mejuto, coa intención de crear un foro de reflexión e posta en común de experiencias arredor da memoria histórica e o seu traballo nas aulas dos centros educativos.
O noso instituto estivo dobremente representado nesta xornada. Por un lado, a xefa de estudos e profesora de Xeografía e Historia, Mercedes López-Mayán, participou na mesa de experiencias de memoria nas aulas presentando os numerosos proxectos e iniciativas que arredor da memoria se teñen desenvolvido no noso centro nos últimos anos. Por outro lado, a coordinadora do Equipo de dinamización lingüística e profesora de Lingua galega e literatura, Eli Ríos, presentou as unidades didácticas que elaborou xunto coa Beatriz Maceda arredor do material da exposición “Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión”, organizada pola Deputación da Coruña e comisariada por Montse Fajardo. Tanto a exposición como as unidades didácticas poden consultarse neste enlace: https://www.dacoruna.gal/cultura/sinaladas/
Máis información sobre a xornada pode verse nos seguintes enlaces:
e