Arquivo da categoría: Curso 2021-2022

A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.

 

 

 

 

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

ACTA ULTIMA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA

A continuación achégase a acta da última asemblea xeral ordinaria do ANPA ARCE IESP XOSE NEIRA VILAS, que se someterá á súa aprobación o vindeiro xoves día 14 de outubro de 2021, na próxima asemblea xeral ordinaria, convocada para o devandito día ás 19:00 horas en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria. Tamén se adxunta convocatoria da devandita asemblea. En Perillo ao 11 de outubro de 2021

Acta 26092019

Asamblea xeral ordinaria 2021

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021/22: ULTIMAS PLAZAS

Últimas prazas disponibles na solicitude de participación na actividade English Club.
Darase preferencia ás familias socias da ANPA e no momento que se complete a capacidade máxima de ocupación as solicitudes recibidas quedarán en lista de reserva.
Grazas pola vosa comprensión.

Aínda quedan prazas disponibles na actividade de ofimática, a espera de confirmación de realizarse.

Inscrición actividades_modelo 2021_22.doc

Cartel extraescolares 2021-2022

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021/22

Comenza o novo curso 2021/22 e retomamos as actividades extraescolares organizadas polo ANPA. Este ano teremos o English Club e como novidade ofertamos un curso de microinformática, centrado na aprendizaxe de aplicacións de folla electrónica, procesador de texto, presentacións, etc. Achegamos o cartel das devanditas actividades así como a folla de inscrición nas mesmas. As actividades comezarán o próximo 7 de outubro de 2021. Apuntate xa!

Cartel extraescolares 2021-2022

Inscrición actividades_modelo 2021_22.doc

Reserva e admisión de alumnado 2024-2025

  • A presentación de solicitudes para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (do 15 de xaneiro ao 5de febreiro do 2024) ten que facerse no centro no que o alumnado estea matriculado no curso actual.
  • Consúltese o ANEXO I , para reservar praza na ESO e BACHARELATO.
  • Consúltese a normativa sobre escolarización e admisión de alumnado.