O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.
O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.
O pasado luns 8 de novembro celebrouse a festa de outono, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física e o alumnado de 1º de Bacharelato. Houbo castañas asadas e xogos populares cos que disfrutaron tod@s @s asistentes.
A continuación achégase a acta da última asemblea xeral ordinaria do ANPA ARCE IESP XOSE NEIRA VILAS, que se someterá á súa aprobación o vindeiro xoves día 14 de outubro de 2021, na próxima asemblea xeral ordinaria, convocada para o devandito día ás 19:00 horas en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria. Tamén se adxunta convocatoria da devandita asemblea. En Perillo ao 11 de outubro de 2021
Últimas prazas disponibles na solicitude de participación na actividade English Club.
Darase preferencia ás familias socias da ANPA e no momento que se complete a capacidade máxima de ocupación as solicitudes recibidas quedarán en lista de reserva.
Grazas pola vosa comprensión.
Aínda quedan prazas disponibles na actividade de ofimática, a espera de confirmación de realizarse.
Comenza o novo curso 2021/22 e retomamos as actividades extraescolares organizadas polo ANPA. Este ano teremos o English Club e como novidade ofertamos un curso de microinformática, centrado na aprendizaxe de aplicacións de folla electrónica, procesador de texto, presentacións, etc. Achegamos o cartel das devanditas actividades así como a folla de inscrición nas mesmas. As actividades comezarán o próximo 7 de outubro de 2021. Apuntate xa!
A presentación de solicitudes para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023) ten que facerse no centro no que o alumnado estea matriculado no curso actual.
Consúltese o ANEXO I , para reservar praza na ESO e BACHARELATO.