Arquivo da categoría: Curso
CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EDUCACIÓN DO MINISTERIO PARA O CURSO 2026/27
Dende o 7 de abril ás 08:00 h. ata o 18 de maio ás 15:00 h. está aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación, Formación profesional e Deportes para estudos postobrigatorios para o curso 2026/27, tanto para Bacharelato e FP (básica, media e superior), como para estudos universitarios (Grao e Máster). Toda a información pode consultarse no seguinte enderezo: https://www.
OBRADOIRO DE POESÍA UNIVERSAL CONTEMPORÁNEA
Grazas ao marabilloso labor do persoal de Bibliotecas de Oleiros, o alumnado de 2º de Bacharelato puido asistir o 24 de marzo a un encontro extraordinario coa escritora Yolanda Castaño. Nel, a autora fixo un percorrido polas creacións poéticas universais e escoitamos poemas orixinarios doutras linguas, doutras realidades e doutros espazos que teñen todo a ver connosco e coa creación galega. Así, achegámonos a obras de autoras como Idea Vilariño, Alejandra Pizarnik, Wisława Szymborska, Jose Luís Peixoto, Margaret Atwood, Jorge Luis Borges ou Sharon Olds, entre outras.
1º ESO NO COUREL
ACOLLIDA DO ALUMNADO FRANCÉS DE PÉRENCHIES
CONVOCATORIA DA PROBA EXTERNA DE BACHIBAC PARA O CURSO 2025-26

CALENDARIO DE FINAL DE CURSO DE 2º BACHARELATO
De acordo coa Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26 (https://www.edu.xunta.gal/

Toda a información detallada sobre o procedemento de revisión e reclamación pode consultarse na citada Instrución, dispoñible no enlace anterior e na web do centro.
VISITA ÁS TERRAS DO EUME
Parabens Saúl
O noso alumno Saúl Clambor ven de proclamarse Subcampión de España de Sambo na categoría cadete (79kg).
Noraboa!!!!
Imaxe collida do Instagram do Concello de Oleiros


