Arquivo da categoría: Curso 2017-2018

Concerto De Vacas

DeVacasO día 23 de febreiro o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu ao concerto de De Vacas que tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A asistencia ao concerto, organizado polo Servizo de Normalización do Concello de Oleiros, promoveuse desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego do instituto.

NeiraTED

NeiraTEDO venres 9 de marzo de 2018, con 3º ESO como escoitantes e espectadores activos, un grupo de entusiastas profesoras e profesores do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas puxeron en práctica a primeira sesión experimental de conversas educativas “NeiraTED” -inspiradas nos monólogos educativos da canle TED-, en torno á temática da paisaxe. Con diversas e complementarias metodoloxías, e durante dúas horas intensas, NeiraTED amosouse como unha transclase, interclase ou multiclase que tratou de rachar cos muros tradicionais existentes nas aulas diarias.

Esta é a primeira parte dun proxecto que terá a súa contrapartida, no terceiro trimestre, na contra-clase TED do alumnado.

Enlace á  presentación.

Vídeo da actividade

Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia

Parlamento_19_02_18O pasado 19 de febreiro realizouse a homenaxe no Parlamento de Galicia aos deportados galegos en Mauhaussen coa lectura pública dos cento noventa e tres nomes  realizada polo alumnado de 4º curso do IES Plurilingüe Neira Vilas e as palabras do presidente do Parlamento en presencia dos familiares, os representantes de todos os grupos políticos e as altas autoridades de Galicia. Seguir lendo Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia

Investigando unha vacina para o VIH na DOMUS

Domus_01_02_2018

O pasado mércores 1 de Febreiro os alumnos de 1º BAC de Bioloxía e CUCI asistiron a un obradoiro de investigación do VIH no Laboratorio aberto da Domus onde seguiron o protocolo para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus e axudar ás persoas infectadas. Analizaron as diferentes variantes do VIH e investigaron se unha candidata real á vacina, podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes, utilizando a técnica de electroforese. Seguir lendo Investigando unha vacina para o VIH na DOMUS

Entroido 2018

O venres 9 de febreiro tivo lugar o festival de Entroido que todos os anos se vén celebrando no centro. O alumnado de 1º de Bacharelato encargouse de presentar o acto onde se recitaron os “testamentos”, os textos satíricos que as rapazas e rapaces do instituto realizan para comentar os acontecementos peculiares do curso escolar. Seguir lendo Entroido 2018

Visita á Universidade de Santiago

O día 8 de febreiro un grupo de 12 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato viaxaron a Santiago para asistir a unha xornada de portas abertas organizada pola USC. De acordo coas súas preferencias visitaron as facultades de Farmacia, Bioloxía, Enxeñería Informática, Matemáticas, Xornalismo e Criminoloxía.

A noticia no blog de Orientación

Seguir lendo Visita á Universidade de Santiago

Experiencia de arqueoloxía e difusión no museo arqueolóxico

O día 18 de xaneiro o alumnado do 1º de ESO do Instituto Neira Vilas, acudiu ao museo arqueolóxico de A Coruña para realizar talleres de arqueoloxía. Alumnos monitores ensinaron aosseus compañeiros as pezas arqueolóxicas e deseñaron as guías didácticas para completar a información. Seguir lendo Experiencia de arqueoloxía e difusión no museo arqueolóxico