Arquivo da categoría: Curso 2020-2021

Matrícula 2021-22

Do 30 de xuño ao 9 de xullo de 2021 terá lugar o proceso de matrícula para o vindeiro curso 2021-22 no IES. Por mor da COVID-19, e coa finalidade de evitar colas e aglomeracións, propoñemos a familias e alumnado unha matrícula por quendas -por orde alfabética, que indicamos na ligazón seguinte:

Quenda de matriculación.

Xuntamos os documentos de matrícula para cada etapa educativa:

 

 

Serra do Courel

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os días  7,8 e 9 de abril, alumnado de 1º ESO participou na actividade organizada polo Concello de Oleiros “Aprendemos da natureza – Serra do Courel”. Estiveron acompañados por monitores e dous profesores do instituto, Pablo Gallego e Samuel Rodríquez. O seguinte texto, elaborado por eles, resume esta estadía:

“Os alumnos e alumnas de 1ºESO puideron desfrutar durante tres días de todos os tesouros naturais, históricos e etnográficos que a serra do Courel garda entre os seus vales e montañas.

O mércores pola mañá visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico, algúns rapaces sorprendéronse do realismo da recreación de Elba, unha das primeiras poboadoras de Galicia. Comemos en plena ruta, preto do Río Lor, e coñecimos a “Xan do Vilar”, ferreiro, músico e divulgador das tradicións do Courel.

Seguir lendo Serra do Courel

Torneo de tenis de mesa

Durante o segundo trimestre desenvolveuse no noso centro un torneo de tenis de mesa organizado polo Departamento de Educación Física. Os gañadores foron Sergio Domínguez na categoría de 1º a 3º ESO e Pablo López na de 4º ESO a 2º de Bacharelato. Noraboa aos gañadores e a todos e todas por participar! e grazas a David e Andrés pola organización.

 

SUBVENCIONS CONCELLO OLEIROS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O Concello de Oleiros por decreto da Alcaldía núm. 2020005599, ditado en data 21 de decembro de 2020, acordou conceder á ANPA ARCE DO IES XOSÉ NEIRA VILAS a cantidade de 1.146’90 € para as actividades de Obradoiro de Técnicas de Estudo, Técnicas de Estudo e English Club, ao abeiro da Convocatoria para a concesión de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción da cultura e o deporte para o ano 2020.

Tamén engadimos que, no ano anterior, o Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA ARCE DO IES XOSÉ NEIRA VILAS a cantidade de 3.324,11 € para as actividades de Robótica, Obradoiro de Técnicas de Estudo, Técnicas de Estudo e English Club, ao abeiro da Convocatoria para a concesión de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción da cultura e o deporte para o ano 2019, que foi publicada no BOP nº 159 , de 23 de agosto.

A ANPA IESP Xosé Neira Vilas agradécelle ao Concello de Oleiros a concesión das devanditas subvencións, que serviron para que as actividades extraescolares do noso centro se poidesen desenvolver a un prezo razoable.

A Xunta Directiva