O Ministerio de Educación e Formación Profesional adianta este curso a convocatoria xeral de becas. O prazo abre o próximo 30 de Marzo e pecha o 12 de abril.
Máis información no blog de orientación do instituto.
A xunta de Goberno Local, na sesión do 26 de outubro de 2021, concedeu ao noso instituto 8.000 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
O pasado 25 de Febreiro o IES Neira Vilas puxo o punto e final a unha semana de celebracións do entroido cun festival de disfraces que amosou, un ano máis, a creatividade e ilusión dos participantes. Alumnado e profesorado disfrutaron de diversas actividades (desafío filloeiro, lectura dos testamentos…), xogos e bailes para rematar as xornadas.
O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente. Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.
Máis información no blog do Departamento de Orientación.
O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.
O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.
Máis información no blog do Departamento de Orientación.