Arquivo da categoría: Curso

NOVA CANLE DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS: ABALAR MÓBIL

Desde este curso 2024-2025 no noso centro empregarase AbalarMóbil, unha aplicación da Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información académica dos/as seus/súas fillos/as a través do teléfono móbil.
Os/as responsables do alumnado deberán descargar a aplicación AbalarMóbil e rexistrarse nela, seguindo as sinxelas instrucións que se inclúen no seguinte manual:
Unha vez rexistrados/as na aplicación, poderán acceder a todas as funcións que ofrece esta aplicación: consultar o horario e cualificacións dos/as seus/súas fillos/as, solicitar titorías, comunicarse coas persoas titoras, ver as faltas de asistencia e enviar as xustificacións pertinentes, consultar as incidencias e faltas de conduta que se teñan producido, etc. Todas estas funcións están explicadas no anterior manual e no seguinte enlace: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

Reparto dos libros doados á ANPA

O  reparto dos libros de texto doados á ANPA  terá lugar o 11 de setembro, primeiro día de clase, en horario lectivo.

O alumnado recibirá, directamente na súa clase, o lote que lle fose asignado tras a súa solicitude.

Lembramos que as familias socias da ANPA teñen prioridade na distribución dos libros e no número deles asignados.

Desde a directiva do anpa queremos agradecer especialmente a colaboración das familias que doaron libros e fixéronse socias facendo posible que así o anpa poida continuar levando esta e outras iniciativas.

COMEZO DO CURSO 2024-2025

ALUMNADO:
– As clases comezarán o mércores 11 de setembro en horario de 8:30 a 14:10 h.
– O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.
– Todas aquelas familias que non recolleron o vale de material escolar durante o mes de xullo poderano facer a partir do día 2 de setembro en horario de 9:00 a 14:00.
PROFESORADO:
Prégase ao profesorado que obteña destino neste centro tras a resolución definitiva do CADP que, á maior brevidade, se poña en contacto co instituto no seu enderezo electrónico (ies.neira.vilas@edu.xunta.es), indicando un teléfono de contacto. Moitas grazas.

VALES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

listaxe provisional de excluídos/as na participación nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar será publicada o 12 de xullo no taboleiro do centro, con indicación das deficiencias detectadas. Conforme á orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan estas axudas, as persoas solicitantes dispoñen dun prazo de dez días hábiles para emendar as deficiencias ou remitir os documentos preceptivos.

listaxe definitiva será publicada o 17 de xullo na aplicación FondoLibros.

Desde o día 12 e durante o mes de xullo as persoas que resultasen beneficiarias da axuda poden recoller o vale para adquirir material escolar en horario de 9,00 a 13,00 h. na administración do centro.

FONDO DE LIBROS CURSO 2024 – 2025

– Devolución: Necesitamos que aquelas familias que aínda non devolveron os manuais do curso 23-24 fágano na maior brevidade posible, lembrade que aqueles que non devolvan os libros non poderán participar no préstamo do curso que entra.

– Doazóns: Queremos, unha vez máis, salientar  a importancia das doazóns, fan falta en todos os cursos pero especialmente nos cursos de 2º e 4º da ESO (neste momento, por exemplo, non dispoñemos de ningún manual de matemáticas A para prestar), sen elas somos conscientes de que moitas peticións quedarán sen cubrir, cousa que vai en detrimento de todas as familias do centro. Animádevos a doar, aínda estamos a tempo!

– Recollida: Tanto as devolucións como as doazóns serán recollidas na conserxería do centro en horario de 9:00 a 13:00, rógase que se entreguen xunto coa folla destinada a ese fin debidamente cuberta.

– Reparto: Por todo o comentado anteriormente a entrega dos libros en préstamo para o curso 24-25 finalmente levarase cabo en setembro, necesitamos que todos os manuais sexan devoltos e esperamos que nestes días de matrícula máis familias anímense a colaborar coas súas doazóns.

– Solicitudes: Ao final de esta entrada tedes  as fichas de solicitude de libros en préstamo, que unha vez cuberta (datos do encabezado e o apartado “solicita”) será reenviada ao noso correo electrónico: anpaneiravilas@gmail.com,
ou depositada no buzón da ANPA no instituto.
– Alta socios:  Deixámosvos aquí a folla coas instrucións para que aquelas familias que o desexen déanse de alta como socios do ANPA. Isto non só dá preferencia no préstamo de libros senón que tamén é fundamental para poder seguir realizando actividades destinadas aos alumnos, alumnas e familias tales como: talleres de técnicas de estudo, xestión emocional, de defensa, actividades extraescolares etc.. Xuntos somos máis!   

– Na seguinte ligazón tedes o decálogo de funcionamento do fondo de libros: https://iesneiravilas.es/anpa-2/
Agradecemos de antemán a vosa colaboración, un saúdo.

QUENDAS MATRÍCULA DO CURSO 2024-25

PERÍODO DE MATRÍCULA: Do 27 de xuño ao 5 de xullo.
HORARIO: De 9:00 a 13:00
QUENDAS DE MATRÍCULA: Propóñense os seguintes días e quendas de matrícula, por niveis e apelidos, para evitar longas esperas:
Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA [enlace ao documento aquí]
IMPRESOS DE MATRÍCULA: Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño ás 18:00 h. Pero os impresos poden igualmente descargarse nos seguintes enlaces:

Actividades varias ao rematar o curso

b) Neiranaukas 2024: Un ano máis despedimos o curso académico coa celebración do Neiranaukas, onde o alumnado do centro e mesmo algunha persoa invitada os seus coñecementos, habilidades musicais e dotes de baile cos demais compañeiros.

O pase de diapositivas require JavaScript.

c) Acto de graduación de 4º ESO: Este curso celebramos por primeira vez o acto de graduación do alumnado de 4º ESO, que en moitos casos seguirá formándose no centro no Bacharelato, pero que noutros casos iniciará o vindeiro curso un novo percorrido fóra do Neira Vilas. A todos eles entregóuselle unha fotografía conmemorativa daquelas persoas que conformaron a súa promoción.

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Club de remo de Perillo no instituto

O Club de Remo de Perillo promocionou o deporte de Remo no alumnado de 1º e 2 da ESO o vernes 12 de xuño. A actividade  teórico-práctica, foi impartida polos adestradores e persoal da directiva do Club. A práctica consistiu nunha demostración e posterior práctica do remo-ergómetro, facendo ó final unha mini competición entre o alumnado. A actividade resultou exitosa, facendo ó Club entrega dun agasallo ós tres primeiros clasificados masculinos e as tres primeiras clasificadas femininas.