Arquivo da categoría: Curso

Actividades dos últimos días

ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LECTURA: Co final do mes de maio rematan tamén as actividades para o fomento da lectura organizadas pola Biblioteca de Rialeda. Durante os últimos días acudiu alí o noso alumnado de 1º, 3º e 4º ESO, quen tivo a sorte de participar nun obradoiro de poesía con Isabel Andrés, por unha banda, e noutro de banda deseñada con Miguel Cuba, pola outra.

SCIENCE FAIR: O 28 de maio o Departamento de Física e Química, coa colaboración da auxiliar de conversa inglesa, Rachel, organizou unha feira científica co alumando da sección bilingüe de 3º ESO. Nela os rapaces amosaron os seus experimentos ao alumnado de 1º e 2º ESO, quen puideron escoller o seu experimento favorito mediante un sistema de votación anónima.

O pase de diapositivas require JavaScript.

RECOLLIDA DE TÍTULOS DE ESO E BACHARELATO

O alumnado que rematou 4º ESO ou 2º Bacharelato no curso 2021-2022 xa pode pasar recoller os seus títulos correspondentes, que están dispoñibles na Secretaría do centro en horario de mañá. Para recollelo será preciso que se achegue o/a interesado/a ou persoa maior de idade autorizada por escrito polo/a interesado/a. Asemade, tamén pode achegarse aquel alumnado que rematase en cursos anteriores e que aínda non teña recollido o seu título.

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

No caso do noso instituto, ao ser un centro E-Dixgal, unicamente se poden solicitar as axudas para material escolar.
A solicitude das axudas farase preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Código de procedemento ED330B) dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderá facerse nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O día 12 de xullo publicarase a listaxe provisional das axudas concedidas, abríndose un prazo de dous días de reclamación. A listaxe definitiva farase pública o 26 de xullo.

 

Saída do alumnado de 4º da ESO

O noso alumnado de 4º  da ESO viaxou a Ourense para seguir os pasos dos protagonistas da Esmorga de Blanco Amor, con eles e a súa imaxinación, reviviron a Auria de primeiros do século XX.
Aproveitando a viaxe coñeceron as termas de Outariz e visitaron a Fundación Otero Pedrayo onde nos brindaron unha marabillosa acollida.

O pase de diapositivas require JavaScript.

PARTICIPACIÓN NA XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

O pasado 14 de maio o noso centro participou na XVI Xornada de Clubs de Lectura, organizada por Bibliotecas Escolares de Galicia, cunha representante de excepción, a profesora Eli Ríos, que presentou a súa experiencia á fronte, por segundo ano consecutivo, do club de lectura adicado á banda deseñada e ao manga que ten moita popularidade entre o alumnado e é un viveiro de aprendizaxes e lecturas compartidas. Asemade, este curso Eli Ríos é a coordinadora do club de lectura do instituto, “O Faiado de Balbino”, que naceu o curso pasado e que, grazas ao bo quefacer do equipo de biblioteca e do profesorado que puxo en marcha diferentes grupos de lectura temáticos, continúa a súa singradura con gran éxito.