Arquivo da categoría: Curso
ACTO DE GRADUACIÓN DA NOVA PROMOCIÓN DE BACHARELATO 2022-2024
O xoves 16 de maio tivo lugar o emotivo acto de graduación da nova promoción de Bacharelato 2022-2024 no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, coa participación de todos os membros da nosa comunidade educativa e coa presenza do Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e da Concelleira de Cultura, Normalización lingüística, Ensino e Xuventude, María José Santos Zas. Moitos parabéns e moita sorte aos/ás nosos/as novos/as bachareis nesta nova etapa apaixoante que comeza nas súas vidas!
NORABOA Á NOVA PROMOCIÓN DE BACHARELATO 2022-2024
CALENDARIO FINAL DE 2º BACHARELATO: PRAZOS DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN
Publícase o calendario final de 2º Bacharelato, no que se recollen as datas de avaliación, entrega de boletíns, revisión das notas no centro e reclamación ante a Xefatura territorial, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria.
Os prazos de revisión no centro e de reclamación ante a Xefatura territorial seguen os publicados na Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa, que se poden consultar na web do centro, no apartado “Destacados”.
Actividades varias na primeira quincena de maio
Obradoiros de educación afectivo-sexual, ofrecidos polo Servizo Municipal de Educación e Xuventude e solicitados polo Departamento de Orientación para os cursos de 1º a 4º ESO. Aquí temos ao alumnado de 4º ESO B e PDC atendendo ás explicacións da formadora Silvia Varela.
Concerto dos maios: o pasado venres, 10 de maio, o noso alumnado de 2º e 3º ESO tivo o pracer de escoitar en directo a música do grupo A Trabe d’ouro e aprender algo sobre o costume de facer os maios chegado este tempo. O concerto tivo lugar no Auditorio da Fábrica, en Perillo, e foi organizado polo Departamento de Música coa colaboración do Concello de Oleiros.
CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DA ESO
Indícanse a continuación as datas e hora dos exames finais de materias pendentes da ESO, aos que deben presentarse só aqueles/as alumnos/as que non recuperaron as materias pendentes a través dos traballos e probas plantexados polo profesorado ao longo do curso. O alumnado interesado xa foi convenientemente informado polos docentes correspondentes.
LETRAS GALEGAS NO GAIÁS 2024: LUÍSA VILLALTA
O mércores 8 de maio deu comezo a programación das Letras Galegas no Gaiás cun acto, conducido por Nuria Vil e coa presenza do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no que o noso alumnado tivo un protagonismo especial! Varios/as estudantes de 1º ESO, 3º ESO e 1º Bach realizaron diversas intervencións nas que deron a coñecer un pouco mellor a figura e a obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. Fixérono da man do alumnado do IES Canido de Ferrol xa que Luísa Villalta foi profesora e activista cultural en ambos institutos ao longo da súa vida profesional. Noraboa a todos/as os/as participantes por esta experiencia marabillosa, que, desde o noso centro, completamos pola tarde coa visita ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2023-2024
Falando de patacas con Eli Ríos
ENCONTRO COA ILUSTRADORA LAURA SUÁREZ
Grazas, Laura Suárez, por este obradoiro que se nos pasou voando. Gozamos inmenso del!