O pasado xoves 15 de decembro o alumnado de 1º de ESO asistiu a unha charla da escritora Érica Esmorís na que lles falou sobre o seu libro “Patio de luces”, libro de lectura do primeiro trimestre para este curso.
Arquivo da categoría: Departamento de Lingua Galega
LECTURAS DE NEIRA VILAS
O alumnado de 3º da ESO PDC le uns versos da obra “PAN” de Xosé Neira Vilas.
ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
O alumnado de 3º e 4º de ESO gozou dun fantástico encontro coa escritora Antía Yáñez no auditorio de A Fábrica en Perillo.
Marabillosa conversa na que reflexionou sobre a saúde mental, a literatura e a escrita.
Charla impartida por alumnado de 3º A
2º B FALA DE XOSÉ NEIRA VILAS E ANISIA MIRANDA
Semana das Letras 2020
Este ano, a Semana das Letras terá que ser #NaCasa. Mais, desde alí, o alumnado non deixa de traballar, en colaboración coa profesora Patricia Varela. En 2020 homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero.
Malia a que o COVID fixo que a Real Academia Galega trasladase ao mes de outubro a celebración na honra de D. Ricardo Carvalho Calero, o alumnado de 3º ESO do IES Neira Vilas quixo renderlle homenaxe con varias actividades lúdicoinformativas realizadas durante a corentena.
Poesía curativa
O alumnado de 3º ESO, coa profesora Patricia Varela, elaborou unha serie de poesías curativas contra o confinamento. Invitámosvos a descubrilas nesta ligazón ISSUU.
Encontro con Andrea Maceiras
O alumnado de 1º e 2º ESO, que traballou na aula “Conta nove estrelas”, recibíu hoxe 9 de marzo a visita da autora, Andrea Maceiras, e agasallouna con videos de creación propia.
- Velaquí algunhas imaxes do acto.
Visita a Compostela
O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato visitou o 3 de marzo de 2020 a cidade de Compostela para realizar varias actividades.
Por unha banda, o alumnado de 3º ESO realizou un roteiro pola cidade, deténdose en lugares significativos -nos que o propio alumnado actuou de cicerone. Tamén visitaron a exposición que inaugura o #Xacobeo21, “Galicia, un relato no mundo”, na Cidade da Cultura -a esta actividade tamén acudíu o alumnado de 1º Bacharelato.
O alumnado de Bacharelato visitou ademáis o restaurado Pórtico da Gloria. Finalmente, unha semana e un día despois da conmemoración do “Día de Rosalía”, todo o alumnado se rendeu no Panteón de Galegos Ilustres para honrar á nosa excelsa poetisa.
En suma, foi un día de experiencias e aprendizaxes intensas.