O venres día 1 de decembro tivo lugar a homenaxe a Neira Vilas. Todo o profesorado e alumnado reuniuse para escoitar as palabras do director do centro, de Pepe Carballude e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. José Vázquez e Sarai Muiños, estudantes de 1º de Bacharelato, leron un poema do autor dedicado a Anisia Miranda e, para finalizar, Jesús Fernández, profesor do Departamento de Música, Laura Fernández, a Xefa de Estudos, e parte do alumnado interpretaron o poema “Ai, amor!”. Seguir lendo Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda
Arquivo da categoría: Departamento de Lingua Galega
Semana Neira Vilas
Do 27 de novembro ao 1 de decembro este ano celebraremos a Semana Neira Vilas a través de varias actividades. Por unha banda, o Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Plástica convoca o concurso “As paisaxes de Anisia”. A partir da lectura de textos sobre a vida e obra de Anisia Miranda, o alumnado realizará unha obra plástica que recolla as súas imprensións. Por outra banda, o venres 1 de decembro haberá unha homenaxe na que participará todo o centro. Contarase coa presenza de Luis Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, e Pepe Carballude. Ambos terán un encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para lembrar a figura do escritor e de Anisia Miranda.
Samaín 2017
Celebramos un ano máis o Samaín con un concurso de conxuros e outro de cabazas. Os alumnos poden escribir os seus conxuros e participar antes do día 10 de novembro. As cabazas poden traerse decoradas da casa ata o día 3 de novembro, día no que se decidirá cal é a cabaza gañadora.
Cartaz do Samaín
A Nosa Homenaxe á Carlos Casares
Unha pequena “instalación” nas escaleiras do noso centro recórdanos a súa obra. Dez carteis feitos grazas á creatividade do alumnado de Educación Plástica e Visual de varios niveis – coordinados pola súa profesora -. Co asesoría do Departamento de Galego e o apoio de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca. Seguir lendo A Nosa Homenaxe á Carlos Casares
Xosé Neira Vilas no Roteiro Cultural de Oleiros
Os estudantes dos centros educativos de Oleiros visitaron o noso Instituto dentro do Roteiro Neira Vilas. O alumnado de 3º curso organizou a visita dos compañeiros para ensinar a documentación e as lembranzas que ten o centro educativo deste ilustre escritor.
Seguir lendo Xosé Neira Vilas no Roteiro Cultural de Oleiros
Obradoiro de banda deseñada
Os días 7, 8 e 9 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Biblioteca Rialeda para asistir a un obradoiro de banda deseñada impartido por Fran Bueno. Traballaron as técnicas de elaboración dun cómic e realizaron un guión. Colaboraron na organización da actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Plástica, o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Lingua Castelá, Vicedirección, o Servizo de Normalización da Lingua Galega do Concello de Oleiros e a rede de Bibliotecas Municipais do concello.
Charla con Xián Lois Alcayde Dans
O día 7 de decembro, no ámbito da Semana dedicada á lembranza do escritor Xosé Neira Vilas, o alumnado do centro tivo un encontro con Xián Lois Alcayde Dans, gañador do I Concurso “Balbino” de Relatos coa obra “Camiños na sombra” publicada por Fervenza Edicións.
Xián Lois, alumno do IES María Casares hai escasos anos, falounos dos seus comezos como escritor, tanto de ficción como de textos xornalísticos, da temática e técnica narrativa do seu libro, da súa visión do rural contemporáneo e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías á hora de publicar.
O encontro rematou coa intervención do alumnado que realizou numerosas preguntas ao auto. A continuación pode escoitar o audio da súa intervención.
Mini e Mero cantan no IESP Xosé Neira Vilas

O dia 20 de xuño, os músicos Mini e Mero darán un concerto para o alumnado e profesorado. Interpretarán poemas de autores galegos como Manuel María e Xosé Neira Vilas. O concerto quere homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, e tamén para festexar o fin de curso.
Día das Letras Galegas 2016
O pasado 17 de maio, como é sabido por todos, foi o Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Manuel María. O alumnado rendiulle homenaxe ao poeta chairego de diferentes xeitos. Algunhas aulas fixeron poemas colectivos a partir de palabras extraídas da súa obra empregando unha técnica vangardista. A explicación do experimento e os poemas resultantes, ben orixinais, pódense consultar en “O faiado de Balbino” que é o blog na Biblioteca: http://iesneiravilas.org/biblioteca/.
Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron o 24 de maio a unha charla sobre o autor impartida por Mercedes Queixas, autora da súa biografía Poeta con algo de labrego (Galaxia, 2016) no Teatro As Torres de Santa Cruz. Algúns deles presentáronse voluntarios para ler poemas de Manuel María.
A TERRA CHÁ, DA MAN DE MANUEL MARÍA
Os grupos de 2º de ESO viviron os días 3 e 4 de marzo unha xornada pola Terra Chá dentro do programa Un día en Galicia do Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros.
A actividade incluía a visita á Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, unha pequena ruta pola Reserva da Biosfera Terras do Miño, un itinerario ornitolóxico pola lagoa de Cospeito e un achegamento ao Miradoiro de Penas de Rodas. Este programa inicial tivo que adaptarse ás adversas condicións metereolóxica, algo de chuvia no primeiro día e continua o segundo, e por iso o día 3 non se fixo o itinerario ornitolóxico e o día 4 non foi posible acometer a ruta pola Reserva da Biosfera que foi substituida por unha visita a oleiría de Bonxe.
As xornadas realizáronse a iniciativa dos Departamentos de Bioloxía e Galego co obxectivo de aproximar ao alumnado a un espazo de gran valor ambiental, paisaxístico, artístico e etnográfico á vez que se achegaba á figura de Manuel María, poeta que protagoniza a celebración das Letras Galegas deste ano.
O alumnado participante na actividade nos dous días estivo fortemente implicado nas distintos contidos, seguindo con sumo interés todas as explicacións que se lles daba e realizando os traballos de observación prantexados polo que, ao remate da actividade, foron felicitados polo profesorado acompañante que tamén agradeceu a colaboración do persoal da Casa Museo de Manuel María e a dos dous técnicos en educación ambiental do colectivo CEM que presta servizo para a Concellería de Ensino e Xuventude de Oleiros.