Arquivo da categoría: Departamento de Orientación

V Feira de Orientación académica e profesional

O pasado mércores o concello de Oleiros organizou un ano máis a “Feira de Orientación académica e profesional” (que xa vai pola 5ª edición) no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz con 34 mesas informativas. O alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato puido resolver as súas dúbidas e aproveitar para recoller folletos dos seus intereses, e pola tarde as familias tiveron ocasión de visitar a feira nas xornadas de portas abertas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Charlas Plan Director

Nestes días dentro do “Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos”, o corpo da Garda Civil de Oleiros impartiron charlas de prevención de diferentes temáticas nos cursos da ESO. En 1º ESO centráronse nas TICS e os seus riscos; en 2º ESO no acoso e ciberacoso escolar; en 3º ESO en drogas e alcol; e en 4º ESO na violencia sobre a muller.

Programa A Ponte

O pasado luns 2 de marzo, e dentro do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, visitou o noso centro unha colaboradora da Universidade de Santiago de Compostela, Carolina Torrón Casal, e impartiu unha charla informativa para presentar ao alumnado de 2º BACH a Universidade e explicar polo miúdo o proceso de admisión e acceso á Universidade e a proba de acceso (PAU).

CHARLAS DO PROGRAMA “QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES”

O pasado martes 5 de novembro desenvolvéronse no noso centro as charlas didáticas do programa “Que non te líen, ti elixes”, convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Seguir lendo CHARLAS DO PROGRAMA “QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES”

OBRADOIROS TALENTO MOZO

O  IES Neira VIlas foi un dos centros educativos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar no programa educativo “TALENTOS MIOZOS”.  Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación  impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais  como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.

Uxía Varela Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio e asistiu o alumnado de 3º ESO.

MOZAS E MOZOS REFERENTES

O pasado luns, día 13 de marzo, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional.
Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consiste en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir,  ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.

COMPARTIR EXPERIENCIAS

O pasado 3 de maio os exalumnos Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García compartiron co alumnado de 1º de bacharelato as súas experiencias e vivencias como universitarios.

A través dunha presentación faláronlles de numerosos aspectos moi importantes como: a transición do Instituto á Universidade, a importancia das rutinas e os hábitos na univesidade, as ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta…