O departamento de Normalización Lingüistica en colaboración co Departamento de Plástica organizaron o concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”. Os gañadores foron José Vázquez Longueira, Sarai Muíños Blanco, Rocío Pérez Colombo, Carla Franco Molina de 4º da ESO e Irene Míguez Gracia de 2º de Bacharelato.
Arquivo da categoría: Departamentos
Visita ao Museo Arqueolóxico
Para organizar a próxima visita dos seus compañeiros, un grupo de alumnos de 1º de ESO estivo no Museo Arqueolóxico onde prepararon as actividades didácticas e o taller de arqueoloxía.
Charla con Xián Lois Alcayde Dans
O día 7 de decembro, no ámbito da Semana dedicada á lembranza do escritor Xosé Neira Vilas, o alumnado do centro tivo un encontro con Xián Lois Alcayde Dans, gañador do I Concurso “Balbino” de Relatos coa obra “Camiños na sombra” publicada por Fervenza Edicións.
Xián Lois, alumno do IES María Casares hai escasos anos, falounos dos seus comezos como escritor, tanto de ficción como de textos xornalísticos, da temática e técnica narrativa do seu libro, da súa visión do rural contemporáneo e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías á hora de publicar.
O encontro rematou coa intervención do alumnado que realizou numerosas preguntas ao auto. A continuación pode escoitar o audio da súa intervención.
Obradoiro de Formación en Prácticas Restaurativas para o Alumnado
Con data 15 e 16 de decembro de 2016 desenvolveuse no noso IES un obradoiro de formación en Prácticas Restaurativas dirixido aos alumnos do Equipo de Convivencia e Mediación, obradoiro que ven a dar continuidade ás xornadas realizadas para o profesorado nos dous cursos anteriores.
As Prácticas Restaurativas son unha metodoloxía que se ven desenvolvendo dende fai anos con grande éxito en institucións que traballan con poboación xuvenil, sexa dende una perspectiva xudicial, social ou educativa. A súa idea central é abandonar os modelos tradicionais punitivos de xestión (modelos retributivos, que non teñen eficacia) sustituindoos por modelos restaurativos.
Asistiron un total de 24 alumnos e o relator foi Ferrá Erra Más, presidente da Associació Catalana de Pràctiques Restauratives e membro da Direcció General d’Atenció a la Infància i l’Adolescència (DGAIA). A duración foi de 10 horas de formación. Ferrán ten unha ampla experiencia con menores. Estivo traballando para unha ONG en Bolivia, nun centro penitenciario, colaborando na creación dun proxecto educativo para os mozos internos.
Ferrá traballou directamente cos alumnos do equipo de mediación, para proporcionarlles una formación básica como facilitadores de círculos restaurativos, de xeito que sexan capaces de moderar círculos nos que se poidan xestionar problemas de convivencia entre o alumnado.
A maiores impartiu unha charla a 3º e 4º de ESO e bacharelato na que lles transmitiu as súas vivencias e experiencias.
Visita ao MUNCYT
Os alumnos de 4º de ESO de Cultura Científica, e Física e Química, de 1º de BAC de Cultura Científica e 2º de BAC de Bioloxía visitaron o pasado martes 13 de Decembro o Muncyt da Coruña onde, ademáis de coñecer as diversas exposicións do museo, participaron nun obradoiro, tipo concurso, sobre os erros científicos dalgunhas películas moi coñecidas.
English Week
Un grupo de vinte e cinco alumnos de 2º ESO participou na English Week, actividade convocada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A semana desenvolveuse entre os días 6 e 12 de novembro nos Peares.
Na primeira sesión das mañás os alumnos, divididos en pequenos grupos, tiñan clase de inglés. Despois dun descanso, dedicaban dúas horas a xogos nos que se practicaba o visto na primeira sesión e algunhas veces estaban relacionados con outras materias como Bioloxía e Ciencias Sociais. Neste caso os grupos eran máis numerosos.
Despois de comer traballaban nun proxecto para a súa presentación ao final da semana. Cada grupo recibía o nome dun país. O resto de cada xornada dedicábase a actividades deportivas, visitas á zona e eventos da noite.
Os alumnos gozaron moito nestas xornadas de inmersión. Ademais das actividades, gustoulles ter a posibilidade de coñecer a mozos doutros institutos e poder traballar con eles. Foi unha experiencia moi positiva.
Galería:
Certificados DELF 2016

Un ano máis celebramos os excelentes resultados do alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministère de l’Educación Nationale de Francia.
Os 45 alumnos do Centro presentados acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (18 alumnos), B1 (14 alumnos) e B2 (13 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato]. Agradecemos á lectora Ivana Mickovski a súa colaboración na preparación das probas.
A nosa máis sincera noraboa!
2ª convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)
Por segundo ano consecutivo o profesor de español Anders Sjostrom do centro educativo Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia), púxose en contacto co nós para facer un encontro entre o profesorado e o alumnado do noso Centro.
Un total de 42 alumnos dos que 22 estudian o español como 3ª lingua estranxeira viaxan no veleiro T/S Gunilla acompañados de profesorado e a correspondente tripulación.
O programa da súa estadía é o seguinte :
- O xoves día 29 de setembro o veleiro arriba á Coruña e pola tarde reciben ao alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas no barco atracado no porto.
- O venres día 30 de setembro serán recibidos no noso Centro
Sábado 1 de outubro o alumnado do T/S Gunilla visitarán Santiago e farán un pequeno percorrido do Camiño de Santiago. - O luns día 3 e o martes día 4 de outubro os alumnos que estudan español incorporaranse durante algunhas horas ás clases no Instituto.
- O mércores día 5 de outubro o barco zarpa cara a Lisboa.
Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas deséxase aos nosos amigos suecos unha excelente estadía en Galicia.
Mini e Mero cantan no IESP Xosé Neira Vilas

O dia 20 de xuño, os músicos Mini e Mero darán un concerto para o alumnado e profesorado. Interpretarán poemas de autores galegos como Manuel María e Xosé Neira Vilas. O concerto quere homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, e tamén para festexar o fin de curso.
Visita ó museo arqueolóxico

O día 20 de Abril, e despois da visita preparatoria de marzo, o grupo de monitores acompañou ó resto do alumnado de primeiro da ESO ó museo arqueolóxico de San Antón para explicar os principais obxectos alí expostos e a realización de actividades prácticas, entre elas, coa catalogación das pezas, para rematar coa presentación dunhas actividades didácticas a realizar despois da visita.
O grupo de monitores e comisión de orde estivo composto por: Mario Badini, Aitor Ares, Darian López Minero, Antía Noya, Mara Pereira, Clara Graña, Nadia Boughaba , Edher Ramos e Javier Moya

