Arquivo da categoría: Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Concerto De Vacas

DeVacasO día 23 de febreiro o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu ao concerto de De Vacas que tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A asistencia ao concerto, organizado polo Servizo de Normalización do Concello de Oleiros, promoveuse desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego do instituto.

Entroido 2018

O venres 9 de febreiro tivo lugar o festival de Entroido que todos os anos se vén celebrando no centro. O alumnado de 1º de Bacharelato encargouse de presentar o acto onde se recitaron os “testamentos”, os textos satíricos que as rapazas e rapaces do instituto realizan para comentar os acontecementos peculiares do curso escolar. Seguir lendo Entroido 2018

Concurso de conxuros

O pasado 21 de decembro entregáronse os premios ás gañadoras do concurso de conxuros que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou no Samaín. As vencedoras foron as alumnas de 1º de ESO Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco. Pódense consultar os textos no blog da biblioteca “O faiado de Balbino”.

Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda

Semana Neira Vilas 2017O venres día 1 de decembro tivo lugar a homenaxe a Neira Vilas. Todo o profesorado e alumnado reuniuse para escoitar as palabras do director do centro, de Pepe Carballude e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. José Vázquez e Sarai Muiños, estudantes de 1º de Bacharelato, leron un poema do autor dedicado a Anisia Miranda e, para finalizar, Jesús Fernández, profesor do Departamento de Música, Laura Fernández, a Xefa de Estudos, e parte do alumnado interpretaron o poema “Ai, amor!”. Seguir lendo Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda

Semana Neira Vilas

Xosé Neira VilasDo 27 de novembro ao 1 de decembro este ano celebraremos a Semana Neira Vilas a través de varias actividades. Por unha banda, o Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Plástica convoca o concurso “As paisaxes de Anisia”. A partir da lectura de textos sobre a vida e obra de Anisia Miranda, o alumnado realizará unha obra plástica que recolla as súas imprensións. Por outra banda, o venres 1 de decembro haberá unha homenaxe na que participará todo o centro. Contarase coa presenza de Luis Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, e Pepe Carballude. Ambos terán un encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para lembrar a figura do escritor e de Anisia Miranda.

A Nosa Homenaxe á Carlos Casares

Unha pequena “instalación” nas escaleiras do noso centro recórdanos a súa obra. Dez carteis feitos grazas á creatividade do alumnado de Educación Plástica e Visual de varios niveis – coordinados pola súa profesora -. Co asesoría do Departamento de Galego e o apoio de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca. Seguir lendo A Nosa Homenaxe á Carlos Casares

Entroido 2017

O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO. O primeiro premio individual foi para Alberto Pérez Vishneuskiv, alumno de 1º da ESO, mentres que o segundo recaeu en Sergio Carnero Cadavid, alumno de 2º da ESO. O primeiro premio para grupos recaeu en Lucía Hermida e Antela Couceiro, de 4º da ESO, e o segundo no grupo de rockeiras integrado por alumnas de 3º da ESO. 

Obradoiro de banda deseñada

Os días 7, 8 e 9 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Biblioteca Rialeda para asistir a un obradoiro de banda deseñada impartido por Fran Bueno. Traballaron as técnicas de elaboración dun cómic e realizaron un guión. Colaboraron na organización da actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Plástica, o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Lingua Castelá, Vicedirección, o Servizo de Normalización da Lingua Galega do Concello de Oleiros e a rede de Bibliotecas Municipais do concello.

Concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”

O departamento de Normalización Lingüistica en colaboración co Departamento de Plástica organizaron o concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”. Os gañadores foron José Vázquez Longueira, Sarai Muíños Blanco, Rocío Pérez Colombo, Carla Franco Molina de 4º da ESO e Irene Míguez Gracia de 2º de Bacharelato.