Arquivo da categoría: Alumnado

Graduación 2015

Orla 2014-2015
Orla 2014-2015

O venres 29 de maio celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de segundo de Bacharelato. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda. A xornada comezou coa recepción das familias na entrada do centro para pesar posteriormente ao salón de actos onde despois da presentación  por parte do director Agustín Fernández Gago falaron a concelleira Teresa Vázquez Maseda en representación do Concello, a profesora de inglés, Warinca Arce González en representación do profesorado, Eduardo Blanco Pereira, pai de Antón Blanco, en representación das familias e Andrea Docampo Sánchez e Antón Blanco Rey en representación do alumnado. Acto seguido, o titor do grupo Jorge  Calle López e a profesora de inglés Warinca Arce Gonzalez  fixeron entrega ao alumnado dun diploma conmemorativo e unha memoria USB cun vídeo que recorda o seu paso polo centro. A foto de grupo e a visualización do vídeo dou paso á tradicional plantación da arbore, un gingko, nos xardíns do instituto. Un pequeno ágape concluíu a xornada no centro. O alumnado e o profesorado compartiron posteriormente unha cea nun restaurante de Santa Cristina .

Graduación de 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato celebro o pasado 23 de maio a festa de graduación cun acto solemne no centro educativo con palabras do profesorado alumnado e representantes dos pais e nais a entrega de diplomas e coa plantación dunha árbore conmemorativa.
A continuación alumnado e profesorado celebraron unha cea seguida de baile.

Alumnado de 2º de Bacharelato.
Alumnado de 2º de Bacharelato.