Arquivo da categoría: Bolsas e axudas

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 O 19 de abril publicouse no BOE a resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2024-2025. O prazo para solicitalas está aberto desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.
Toda a información detallada sobre estas axudas e o procedemento para solicitalas pódese consultar no seguinte enlace: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html#dc1.

listaxes provisionais de AXUDASLE

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EDUCACIÓN DO MINISTERIO PARA O CURSO 2024/25

Desde o 19 de marzo ás 9:00 h. ata o 10 de maio ás 15:00 h. está aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación, Formación profesional e Deportes para o curso 2024/25, tanto para Bacharelato, FP e outros estudos, como para estudos universitarios (Grao e Máster).
Toda a información pode consultarse no enderezo https://www.becaseducacion.gob.es, así como no resumo publicado aquí debaixo.

Seguir lendo CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EDUCACIÓN DO MINISTERIO PARA O CURSO 2024/25

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

A dirección do centro educativo informa da publicación de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024. Están destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).
Para acceder a toda a información AXUDASLE
Para calquera dúbida poñerse en contacto co centro.
Un cordial saúdo.
O equipo directivo.