Arquivo da categoría: Xefatura de Estudos

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO (PEB) CORRESPONDENTES AO CURSO 2024-2025

O alumnado que rematou o Bacharelato na convocatoria ordinaria do curso 2024-2025 nun centro docente da Comunidade autónoma de Galicia e que teña unha media dos dous cursos de Bacharelato igual ou superior a 8,75 (sen contar a materia de Relixión) pode presentarse á proba para a obtención do premio extraordinario de Galicia (PEB), que ten unha dotación de 1.000 € para cada un/ha dos/as 20 mellores resultados na citada proba. A proba terá lugar o día 18 de xuño e os lugares de realización publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu.
Para matricularse na proba PEB o alumnado deberá presentar no instituto o Anexo I debidamente cuberto. O prazo de matrícula está aberto do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.
Con posterioridade á realización da proba, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da mesma, o alumnado que resultase merecedor dun dos premios deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de Bacharelato.
Toda a información sobre a proba PEB, así como o Anexo I para formalizar a matrícula, pode consultarse na páxina web PremioEdu: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/.

ACTUALIZACIÓN DAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA (NOFC) DO CENTRO

O día 1 de outubro de 2024 entrou en vigor a nova versión, actualizada e revisada, das Normas de organización, funcionamento e convivencia do centro. Segundo se establece na normativa, ditas normas son de obrigado cumprimento para todos os membros da nosa comunidade educativa. Por esa razón, son públicas e poden consultarse na páxina web do instituto, no apartado “Documentos do centro”, así como neste enlace.

REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR

A vindeira semana terán lugar as reunións entre as familias e as persoas titoras de cada grupo co fin de coñecerse e de informar sobre a organización deste curso académico.

O día e hora das reunións será o seguinte:
1º, 2º e 3º ESO: Martes, 1 de outubro, ás 18:30 h.
4º ESO, 1º e 2º Bacharelato: Mércores, 2 de outubro, ás 18:30 h.
Os/as asistentes serán recibidos/as polo equipo directivo no Salón de actos para, a continuación, reunirse co profesorado titor dos/as seus/súas fillos/as na aula de referencia do grupo.

QUENDAS MATRÍCULA DO CURSO 2024-25

PERÍODO DE MATRÍCULA: Do 27 de xuño ao 5 de xullo.
HORARIO: De 9:00 a 13:00
QUENDAS DE MATRÍCULA: Propóñense os seguintes días e quendas de matrícula, por niveis e apelidos, para evitar longas esperas:
Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA [enlace ao documento aquí]
IMPRESOS DE MATRÍCULA: Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño ás 18:00 h. Pero os impresos poden igualmente descargarse nos seguintes enlaces:

CALENDARIO FINAL DE 2º BACHARELATO: PRAZOS DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN

Publícase o calendario final de 2º Bacharelato, no que se recollen as datas de avaliación, entrega de boletíns, revisión das notas no centro e reclamación ante a Xefatura territorial, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria.

Os prazos de revisión no centro e de reclamación ante a Xefatura territorial seguen os publicados na Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa, que se poden consultar na web do centro, no apartado “Destacados”.

REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR

A vindeira semana terán lugar as reunións entre as familias e as persoas titoras de cada grupo co fin de coñecerse e de informar sobre a organización deste curso académico.
O día e hora das reunións será a seguinte:
1º, 2º e 3º ESO: Martes, 26 de setembro, ás 18,30 h.
4º ESO, 1º e 2º Bacharelato: Mércores, 27 de setembro, ás 18,30 h.
Os/as asistentes serán recibidos/as polo equipo directivo no Salón de actos para, a continuación, reunirse co profesorado titor dos/as seus/súas fillos/as na aula de referencia do grupo.