Desde este xoves 10 de outubro ata o vindeiro día 18 temos o pracer de recibir no noso centro ao alumnado do Lycée Saint-François-Xavier de Vannes (Bretaña, Francia), co que iniciamos o intercambio dos/as nosos/as estudantes de Bachibac 1 o pasado mes de febreiro. Durante a súa estadía, destinada a mellorar a súa competencia en castelán e o seu coñecemento da cultura galega e española, o alumnado francés asistirá a clases no instituto, realizará diversas excursións e actividades culturais e residirá coas familias dos/as seus/súas correspondentes galegos.
Este Samaín anímate a participar no Certame Literario e, ademais de gañar saborosos premios, poderás asustar literariamente a quen se atreva a mergullar entre urcos, lumias e paisaxes estarrecedoras. Serás quen de contar todo iso en vinte liñas?
Le, atentamente, as bases e déixanos a túa narración antes do 25 de outubro de 2024 no Departamento de Lingua Galega e Literatura ou no de Dinamización Lingüística.
Veña! Non lle deas máis voltas! Estamos desexando ler o teu relato!
O día 1 de outubro de 2024 entrou en vigor a nova versión, actualizada e revisada, das Normas de organización, funcionamento e convivencia do centro. Segundo se establece na normativa, ditas normas son de obrigado cumprimento para todos os membros da nosa comunidade educativa. Por esa razón, son públicas e poden consultarse na páxina web do instituto, no apartado “Documentos do centro”, así como neste enlace.
A listaxe definitiva será publicada o 17 de xullo na aplicación FondoLibros.
Desde o día 12 e durante o mes de xullo as persoas que resultasen beneficiarias da axuda poden recoller o vale para adquirir material escolar en horario de 9,00 a 13,00 h. na administración do centro.