Recibimos no noso Centro, durante os dias 23 e 24 de outubro, 12 alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (Première et Terminale) que estiveron acompañados das profesoras Cécile Capdeville et Estelle Cervelli Journou.
A cidade da que veñen chámase Saint Nazaire, do Departamento de Loira Atlántico e na rexión dos Paises do Loira; na desembocadura do rio Loira . É famosa polas instalacións portuarias e polos seus asteleiros. Seguir lendo Visita do alumnado do Lycée Notre Dame D’ Espérance de Saint Nazaire
Meryem Sbaa, a nova auxiliar de Francés
مريم السبع الأستاذة المساعدة الجديدة للغة الفرنسية
O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro en Galicia con Sección Plurilingüe en Francés e tamén o único a ofertar o BACHIBAC de Galicia, ten o privilexio de acoller a Auxiliares de Conversa dende hai varios anos e o alumnado de francés de poder aproveitar para mellorar a súa competencia lingüística e ao mesmo tempo coñecer a través deles culturas de diferentes nacionais que lles servirán para o seu desenvolvemento persoal.
Este ano contamos con Meryem Sbaa de nacionalidade marroquí e natural de Sidi Slimane onde fixo o seu Bacharelato na opción Letras Modernas , sendo a primeira da súa promoción. Seguir lendo Meryem Sbaa, a nova auxiliar de Francés
Aprendendo a mediar
Organizado polo Equipo de Convivencia e Mediación celebrouse o obradoiro “APRENDENDO A MEDIAR”, dirixido á alumnos que xa tiñan recibido formación sobre o tema en cursos anteriores. A súa duración foi de 12 horas e rematou a pasada semana.
Seguir lendo Aprendendo a mediar
Profesora Asistente de inglés
Durante o curso 2017-18 o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ten a sorte de poder contar con Natalie Honan, “English Teaching Assistantship” do prestixioso programa Fulbright. Dito programa está patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos xunto co sector privado, tendo como obxectivo o financiamento de proxectos de investigación, formación e/ou ensino en diferentes países.
Seguir lendo Profesora Asistente de inglés
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/2018
Estimadas Familias
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós por este medio ou na oficina da Anpa os luns de 16:15 a 18:00 horas.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
Convocase a todas as familias a asemblea xeral ordinaria para o próximo xoves día 05 de outubro ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:45 horas en segunda, no Instituto Xosé Neira Vilas coa seguinte orde do día:
1.-Aprobación das contas do curso 2016-2017.
2.-Aprobación orzamento do curso 2017-2018.
3.- Renovación xunta directiva.
4.-Exposición dos traballos realizados pola anpa nestes cursos:
a) Información sobre o funcionamento do Banco de libros de texto para posterior intercambio.
b) Información sobre as actividades extraescolares dos xoves e novas propostas.
c) Información sobre o apoio económico ás diferentes saídas propostas polo instituto.
5.- Proposta para cubrir a pista de arriba.
6.- Proposta de Proyecto de Inclusión Social en colaboración co instituto.
7.- Rogos e preguntas.
Perillo, a 26 de setembro de 2017
A Xunta Directiva
URXENTE: NOVA ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO PENDENTES
Estimadas familias,
Estamos a recibir moitas solicitudes de libros de texto fora de prazo que non podemos atender axeitadamente, polo que comunicamos que todas as familias que teñan pendente a recollida de libros de texto para este curso deberán poñerse en contacto coa Anpa antes do venres 22 de setembro.
De non ter recibida comunicación algunha, a partir do venres 22 de setembro os lotes de libros de texto non recollidos serán repartidos entre as familias que quedan pendentes de recibilos.
Tamén pedimos que o alumnado pregunte ao profesorado polos libros de Xeografía e Historia, Física e Química, Relixión, Valores e Tecnoloxía, xa que nos comunican dende o centro que seguramente non se utilizará libro de texto, polo que eliminaremos estes libros das solicitudes recibidas. No caso de precisar o libro por indicacións do profesorado, deberán enviarnos un correo electrónico solicitando o libro que corresponda.
As novas entregas de libros serán o luns 25 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas na oficina da Anpa.
Un saúdo e rogamos máxima difusión
REPARTO DE LIBROS DO FONDO DA ANPA
O próximo martes 19 de setembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas, faremos entrega dos lotes de libros para este curso 2017/2018 ao alumnado que o teña solicitado.
Poderán recoller os libros tanto o alumnado como a persoa que exerza a súa titoría legal.
Delf 2017
Un ano mais celebramos os excelentes resultados do alumnado do IESPLurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés Lingua Estranxeira // DELF, convocados polo Ministère de l’Éducation Nationale de Francia. Seguir lendo Delf 2017
Vers Saint-Quentin
No marco dunha colaboración entre a Académie d’Amiens e a Xunta de Galicia, o profesor de Xeografía e Historia, Xosé Antón García González, realizará un stage de jobshadowing (de 18 a 29 de setembro) no departamento de l’Aisne. Seguir lendo Vers Saint-Quentin