O Concello de Oleiros concedeu ao noso centro a cantidade de 1.380,05 euros, en concepto de actividades didácticas correspondentes a xadrez e english club, segundo acordo da Xunta de Goberno Local do día 15 de outubro de 2015.
O 10 de marzo, o alumnado de Historia da Arte realizou unha saída a Santiago de Compostela onde visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos que permiten repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca. A xornada foi de día completo co transporte en tren.
Un total de 43 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIII ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 8 e 19 de abril. Estarán acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño , Don Juan Santamaría e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fará unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa que realizarán estes alumnos no mes de maio de 2017. Ademais, para superar o DELF B2, asistirán a clases no Lycée.
A continuación efectuarase unha visita a París onde o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato visitará o Museo do Louvre.
O intercambio rematará cunha visita a Eurodisney.
O 4 de marzo o alumnado de 2º de bacharelato realizou esta visita, organizada polo departamento de Orientación, na que puideron coñecer as instalacións, funcionamento e contidos que se imparten en diversas facultades seguindo tres itinerarios distintos en función das preferencias do alumnado. Agradecer á Universidade a organización e atención prestada aos nosos alumnos e alumnas.
Foto realizada polo alumno Juan Tejedor de 2º de bacharelato
O 8 de xaneiro de 2016 tivemos unha visita ao Museo de Belas Artes da Coruña. O alumnado visitou a exposición dos gravados de Goya e realizou unha práctica de gravado. Estiveron acompañados polos profesores María Dans Sampedro e Jorge Carlos Calle López. Grazas a todo o persoal do museo pola boa atención prestada.
O 17 de febreiro o alumnado visitou a fábrica das patacas fritidas de Bonilla nunha saída organizada polo departamento de Economía. Os profesores Isabel López Mariño e Jorge Carlos Calle López acompañaron nesta ocasión ao alumnado. Grazas á fábrica pola visita, moi instrutiva para os nosos alumnos e alumnas.
O día 12 de Febreiro, estiveron connosco dous relatores da Ciug ( Comisión Interuniversitaria Galega) para realizar unha xornada de orientación dirixida aos alumnos de 2º de bacharelato.
O contido da exposición estivo centrado nas materias, obxecto de examen das probas PAU así como a cualificación e preinscripción. Tamén nos amosaron datos estadísticos sobre a porcentaxe de alumnos que solicitan a reclamación e segunda corrección. Esta cuestión serviu para clarificarnos que a reclamación é importante cando pode haber algún erro na suma dos apartados dun mesmo exercicio de exame.
A segunda parte gardou relación co acceso á universidade, facendo fincapé no riguroso orde de solicitude de titulacións que se debe de facer no momento de preinscibirse na universidade.
Os días 25, 26e 27 de Xaneiro desenvolveuse o obradoiro “Seguridade nas redes” dirixido ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Foi impartido pola empresa de intervención social “Atalaia Social”. Os obxectivos que se pretenderon acadar son:
Capacitar ás/ós menores para identificar os riscos nos usos das novas tecnoloxías.
Tomar conciencia do uso do poder e da presión a través das Redes: ciberacoso.
Traballar aspectos da intelixencia emocional que poden previr a existencia de situacións de ciberacoso: empatía, expresión de emocións, estratexias de autorregulación…
Promover o autocoñecemento, proporcionando elementos para apreciar e respetar a propio persoa e ás demais.
Descubrir recursos comunitarios onde dirixirse ou poder consultar dúbidas, curiosidades ou posibles problemas.
Promovido polo Departamento de Dinamización Lingüística tiveron lugar, do 1 ao 5 de febreiro, diversas actividades relativas a esta festa tradicional.
Cada día da semana houbo unha proposta de disfraz e o venres celebrouse un concurso de postres e outro de disfraces acompañados de desfile e testamentos do Entroido.
Premios os mellores disfraces
1º Premio ao mellor disfraz individual:
Francisco Rodríguez Bedoya (3º de ESO) por “Torrente”.
2º Premio ao mellor disfraz individual:
Benjamín Coira Vázquez por “Señorita de compañía” (2º de ESO).
1º Premio ao mellor disfraz colectivo:
Breogán Fernández Moreira, José Vázquez Longueira e Guillermo Huelin García (3º de ESO) por “En un lugar de la Mancha”.
Premios aos mellores postres:
1º Premio: Emy-Joy Hernández Direito (1º de ESO).
2º Premio: Marta Martínez Novo (4º de ESO).
“Torrente” Francisco Rodríguez (ESO 3º)
“Señorita de compañía” por Benjamín Coira (ESO 2º).
“En un lugar de la Mancha” por Breogán, José e Guillermo (ESO 2º).
O pasado 18 de decembro entregáronse os premios aos autores dos textos que gañaron o concurso de conxuros: Noela Mato López (ESO 1A) e Javier Moya Sánchez (ESO 1B) así como á gañadora do concurso de cabazas,Clara Graña Castro (ESO 1B). Os certames foron organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua galega co gallo do Samaín. Pódense consultar os conxuros no blogue da Biblioteca do IESP: “O faiado de Balbino”.
A alumna Andressa Fernández Amador de 1º A recibiu un dos accésit do premio literario “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, na categoría do primeiro ciclo da ESO. Andressa presentouse ao certame, no que participou alumnado de todos os centros educativos do concello, co relato “Detrás dun andel”. Recolleu o premio, xunto aos outros gañadores, o 22 de decembro no Auditorio da Fábrica. Parabéns, Andressa!