Arquivos da etiqueta: Lourdes Otero
Nanociencia e nanotecnoloxía
Hoxe estivo connosco Moisés Canle, da UDC, que presentou unha nova titulación -Nanociencia e nanotecnoloxía, que iniciará o seu andar no vindeiro curso académico, ao alumnado de bacharelato de Ciencias. Esta titulación só se pode cursar de momento na UAB, e prevese unha cantidade de prazas limitadas a 50.
O profesor Canle presentou algunhas das aplicacións que pode ter a nova titulación, no eido da cosmética, as máquinas moleculares,… A nanociencia consiste na manipulación de partículas de tamaño ínfimo, co obxecto de cambiar as súas propiedades.
Curso de mediación
Entre os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020, na Casa da Cultura de Perillo, realizouse o curso de mediación para alumnado de 1º ESO. Comezaron o mesmo 21 alumn@s, e rematárono 11 -obtendo o diploma que lles faculta para exercer como mediadoras/es no noso IES.
As 6 sesións do mesmo foron impartidas por unha psicóloga de ADAFAD, asociación que colabora co noso equipo de mediación xa non por primeira vez.
Andaina
Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.
Velaquí algunha imaxes da andaina.