#Entroido_NV 2020, un día para non esquecer (video cortesía da profesora Patricia Varela).
Grazas a todo o alumnado e profesorado por tan excelsa participación e colaboración. #OrgulloNeira.
#Entroido_NV 2020, un día para non esquecer (video cortesía da profesora Patricia Varela).
Grazas a todo o alumnado e profesorado por tan excelsa participación e colaboración. #OrgulloNeira.
Boa parte do alumnado de ESO e Bacharelato do noso IES asistiu á representación dunha obra baseada no texto Made in Galiza, de Sechu Sende (no auditorio García Márquez de Mera, en colaboración co concello de Oleiros). O alumnado recibiu de agasallo cadanseu exemplar de dito libro.
Os Quinquilláns adaptaron o libro e fixéronnos reflexionar sobre actitudes e prexuízos lingüísticos que vemos a diario.
20 de decembro de 2019: xincana e performance. O tema, a distopía. Introdución de bardo [texto do poema, autoría de Marcos Vázquez], curtametraxe do noso alumnado, presentación sobre distopías e científicas europeas, momento Frozen, panxoliña, momento Wham!.
O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.
Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.