O alumnado do profesor Alberto Pombo dos cursos 1º e 2º ESO ten xa ao seu dispor este material orixinal: O “Método Cóvichon” (PDF).
Estes recursos testados pola afamada Doutora Crown chegan agora en exclusiva ao noso centro para que poidades acabar cos problemas que trae consigo o Covid-19 e axudar ás científicas, recluídas nun laboratorio na montaña, a pasar mellor as horas grazas ás vosas achegas e recomendacións.
Pero precaución! Hai que lavar as mans e quitar o pixama antes de comezar o método!
O alumnado de 1º e 2º ESO, que traballou na aula “Conta nove estrelas”, recibíu hoxe 9 de marzo a visita da autora, Andrea Maceiras, e agasallouna con videos de creación propia.
Boa parte do alumnado de ESO e Bacharelato do noso IES asistiu á representación dunha obra baseada no texto Made in Galiza, de Sechu Sende (no auditorio García Márquez de Mera, en colaboración co concello de Oleiros). O alumnado recibiu de agasallo cadanseu exemplar de dito libro.
Os Quinquilláns adaptaron o libro e fixéronnos reflexionar sobre actitudes e prexuízos lingüísticos que vemos a diario.
Unha nova acción do colectivo GALEGUIZA-T tivo lugar hoxe no CEIP Valle-Inclán de Perillo. Cinco alumnas e alumnos correspondentes ao EDLG (María, Antía e Gabi, de 1º ESO; Iago e Marcos, de 2º Bach) levaron a cabo una conferencia sobre Imagotipos para concienciar do uso do galego na vida cotiá.
Os alumnos Eduardo Giménez, Danick Ramos e María Varela, membros do EDLG do noso IES -acompañados polo coordinador do equipo, Alberto Pombo, participaron no #luar1198. Outra acción de impresión. Velaquí a participación do noso alumnado e outros intres do evento
A mocidade do IES Neira Vilas vén de se organizar, através do incipiente colectivo Galeguiza-T, para promover o uso da lingua galega e rachar os preconceptos artellados arredor dela.
O obxectivo: Tronzar en chave xeracional os estereotipos artellados arredor do uso da lingua.
Teo, Lucas, Marcos, Edu e Danick -de 17 anos- ofreceron un repertorio de recursos audiovisuais sobre os que se posicionaron criticamente: Galego nos medios, galego e audiovisual ou tratamento histórico da identidade galega que culminou cunha análise en chave individual feita por Danick, na que explicou o seu proceso de identificación dos prexuízos.
A resposta do alumnado foi inmediata e, a divulgación de varios vídeos nas redes sociais contribuíron para que outros centros se puxesen en contacto co colectivo, co intuito de convidalos a realizar a palestra nos seus centros.
Así, para este mes de decembro, preparan xa unha nova intervención no IES María Casares. Outros membros do colectivo visitarán, xa en 2020, a escola Valle Inclán para falar co alumnado de 6º de primaria.
O límite márcano eles e elas, e as accións continúan. Permanezan atentas!
O alumnado de 1º ESO acudíu a un obradoiro de Robótica na @FundacionBarrie o venres 22 de novembro. O alumnado, en grupos de 3, programaron robots que debían facer determinados percorridos, evitar obstáculos, encender luces, emitir sons ou, incluso, botar fóra da zona de xogo a outros robots.
Logo fixéronse competicións entre equipos para obter un campeón. Varios programas e competicións diversas “forzaron” a nomear campeóns a 3 equipos.
Observade algúns intres da actividade nesta galería.
Sumándonos á convocatoria da Fundación Xosé Neira Vilas, que tivo a ben conmemorar o 3 de novembro como o “Día Neira Vilas”, o alumnado do centro participou na lectura de extractos do libro “Aquel neno”. Os destinatarios foron principalmente 1º ESO A e 1º ESO B. A actividade, coordinada polo noso compañeiro Alberto Pombo, contou coa participación e colaboración do equipo da Biblioteca escolar do centro.