Inicio

Semana Neira Vilas

O mes de novembro é ben significativo para Xosé Neira Vilas. Por este motivo, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con diferentes departamentos, organizaranse actividades na honra do escritor que dá nome ao noso centro. Ademais dun panel homenaxe onde cada membro da comunidade educativa poderá deixar unhas palabras na súa memoria, convócase un concurso-exposición de retratos en colaboración co Departamento de Plástica e Educación Audiovisual, baixo o nome “O teu Balbino do século XXI”.Máis información …

MAGOSTO – SAMAÍN

magosto_2016O venres 28 de outubro tivo lugar na cuarta hora lectiva a celebración dun magosto para festexar a inminencia do Samaín. Á parte da tradicional degustación de castañas, houbo unha sesión de xogos populares.
Así mesmo, o Equipo de Dinamización da Lingua convoca o segundo certame de conxuros en galego baixo o lema “Fórmulas máxicas para humanizar o mostruoso”. O prazo para presentar os textos está aberto ata o 11 de novembro.

Certificados DELF 2016

Logo DELFUn ano máis celebramos os excelentes resultados do alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministère de l’Educación Nationale de Francia.

Os 45 alumnos do Centro presentados acadaron certificados DELF.
Máis información…

2ª convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)

gunilla2016Por segundo ano consecutivo o profesor de español Anders Sjostrom do centro educativo Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia), púxose en contacto co nós para facer un encontro entre o profesorado e o alumnado do noso Centro.
Un total de 42 alumnos, dos que 22 estudian o español como 3ª lingua estranxeira, viaxan no veleiro T/S Gunilla acompañados de profesorado e a correspondente tripulación.
Máis información…

 

#Dadaillo

dadailloO pasado 22 de xuño, como colofón ao curso académico, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas puxo en escena a derradeira performance do curso académico 2015-16. Coa participación de notable cantidade de alumnado, e sempre coa coordinación do equipo de Biblioteca do centro educativo, aproveitamos para aproximarnos ao coñecemento da contorna próxima de Perillo e festexar os 100 anos de inicio do Dadaísmo, reputado movemento de vangarda.

Unha vez máis, grazas a tod@s pola vosa colaboración. Bo verán.

Máis información …

Mini e Mero cantan no IESP Xosé Neira Vilas

Mini e Mero

O dia 20 de xuño, os músicos Mini e Mero darán un concerto para o alumnado e profesorado. Interpretarán poemas de autores galegos como Manuel María e Xosé Neira Vilas. O concerto quere homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, e tamén para festexar o fin de curso.
Máis información…

Graduación 2º Bacharelato 2015-2016

graduacion 2016
O venres 27 de maio tivo lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2015-2016, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como o Alcalde do concello de Oleiros e unha representante da Embaixada de Francia.

Máis información…

Proposta de escolarización

Reunida a Comisión de Escolarización de Oleiros o día 01/05/2016, RESOLVEU propoñer a escolarización do alumnado que non foi admitido nos centros solicitados como primeira opción e aos solicitantes fora de prazo.

Ver proposta.

Visita ó Museo Arqueolóxico

Visita Museo Arqueolóxico
Visita Museo Arqueolóxico

O día 20 de Abril, e despois da visita preparatoria de marzo, o grupo de monitores acompañou ó resto do alumnado de primeiro da ESO ó museo arqueolóxico de San Antón para explicar os principais obxectos alí expostos e a realización de actividades prácticas, entre elas, coa catalogación das pezas, para rematar coa presentación dunhas actividades didácticas a realizar despois da visita.
 Máis información …

Día das Letras Galegas 2016

ManuelMariaO pasado 17 de maio, como é sabido por todos, foi o Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Manuel María. O alumnado rendiulle homenaxe ao poeta chairego de diferentes xeitos. Algunhas aulas fixeron poemas colectivos a partir de palabras extraídas da súa obra empregando unha técnica vangardista. A explicación do experimento e os poemas resultantes, ben orixinais, pódense consultar en “O faiado de Balbino” que é o blog na Biblioteca: http://iesneiravilas.org/biblioteca/.
Máis información…

Parabéns a todo o alumnado da 1ª promoción Bachibac

promocion_1_bachibacA primeira promoción de alumnado de Bachibac do noso centro (e tamén a 1ª de Galicia) superou na súa totalidade a Proba Externa do Bachibac.

No nome de toda a comunidade educativa dámoslle a nosas máis sinceras felicitacións e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos na nova etapa que comezan.
Máis información…

Visita ao Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón.

museoSanAnton_abril_2016_02O día 16 de Marzo o grupo de monitores de primeiro curso da ESO acudiron ó museo arqueolóxico de A Coruña para preparar as visita e as actividades didácticas para seren realizadas polos seus compañeiros.

Máis información…

Día da Ciencia na Rúa 2016

A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público

O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as 7 da tarde, no parque de Santa Margarida na Coruña,  unha nutrida representación do alumnado do centro presentou ao público asistente, unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.

Máis información …

Curso Internacional en Prácticas Restaurativas

Prácticas Restaurativas
Prácticas Restaurativas

Os pasados 6 e 7 de maio de 2016 celebrouse no noso IESP o Segundo Obradoiro de Prácticas Restaurativas no entorno escolar. Foi ponente do mesmo Jean Schmitz, formador do International Institute for Restorative Practices.
Máis información…

Viaxe Europea 2016

Bélxica
Bélxica

Máis de 50 alumnas e alunmos da Sección Plurilingüe e de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñezan cidades e países da U.E.. Este curso está programada a visita a Bélxica e coñeceremos a súa capital Bruxelas, sede oficial das institucións europeas; estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Ivana Mickovski . As datas da viaxe son do 13 ao 17 de maio.

Máis información …

Os alumnos de 1º de ESO entrevistan ao seu profesor Xosé Carballude

homenaxeCarballude_abril_2016_03No salón de actos do instituto, o luns 18 de abril pola tarde, os alumnos de 1º da ESO fixéronlle unha entrevista ao profesor Xosé Carballude autor, entre outros, do libro Miña avoa ten 13 anos, libro lido anteriormente nas clases.

Máis información …

Olimpíada de Matemáticas

Olimpíada Matemáticas
Olimpíada Matemáticas

O pasado xoves 21 de abril tivo lugar a fase de zona da Olimpíada de Matemáticas de 2º da  ESO. Este ano o noso centro estivo representado polas alumnas Noemí Muíños Blanco e Hellen Diel Veras e os alumnos Lucas Canle de Andrés e Jacobo Pita-Baamonde Vázquez.

Máis información…

VIIIº Intercambio Escolar // Chegada a Oleiros do Alumnado Francés

VIIIº Intercambio Escolar
VIIIº Intercambio Escolar

O pasado mércores dia 20 de abril chegaron a Oleiros 27 alumnas e alumnos do colexio COLLÈGE NOTREDAME LE MENIMUR DE VANNES.

Coma sempre teñen unha axenda moi apretada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 23 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente.

Máis información…

Curso Internacional en Práctica Restaurativas

Cartel do curso de Prácticas Restaurativas
Cartel do curso de Prácticas Restaurativas

O próximo 6 e 7 de maio de 2016 terá lugar no noso centro un Curso Internacional en Practicas Restaurativas impartido por Jean Schmitz, intrutor do International Institute for Restorative Pratices. O curso está dirixido a Docentes, Orientadores Escolares, Psicólogos, Traballadores Sociais, Mediadores, Educadores, Avogados, Operadores de Xustiza, Funcionarios de Prisións, Policía Local e todos aqueles profesionais que estean en contacto co conflito.

Máis información …

Proxecto Terra

Proxecto Terra
Proxecto Terra

Os días 1 e 2 de abril, alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso a Ferrol e as Fragas do Eume.
Acompañados por Sandra Pérez Coto e Jorge Carlos Calle López, visitaron o primeiro día Ferrol, primeiro cunha actividade na aula de Ecoloxía Urbana e despois na Exposición Nacional da Construción Naval. Tras un percorrido en barco pola ría, con parada en Mugardos para xantar, a tarde completouse coa visita ao castelo de San Felipe e un percorrido polo barrio da Magdalena.

Máis información …

#Pascua

pascua_Co gallo do centenario do alzamento de Pascua en Irlanda, un grupo moi numeroso de profesorado e alumnado do centro educativo acometeu un proxecto de biblioteca interdisciplinar que achegase ao alumnado o coñecemento da cultura irlandesa nos seus máis variados aspectos (botánica, mitoloxía, literatura, ciencia e curiosidades varias), adobado cunhas pingas de música irlandesa que culminaron coa interpretación de “Zombie”, de Cranberries.

Máis información …

O alumnado de Historia da Arte Visita Santiago de Compostela

Visita a Santiago Alumnado de Historia da Arte
O Alumnado de Historia da Arte
Visita Santiago de Compostela

O 10 de marzo, o alumnado de Historia da Arte realizou unha saída a Santiago de Compostela onde visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos que lpermiten repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca. A xornada foi de día completo co transporte en tren.

Máis información …

VIII Échange Scolaire // Intercambio Escolar

Intercambio Escolar 2016
Intercambio Escolar 2016

Un total de 43 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIII ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 8 e 19 de abril. Estarán acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño , Don Juan Santamaría e Don Carlos Vidal .

Máis información …

Últimas saídas do alumnado de 4º ESO

Saida 4 ESOO 8 de xaneiro de 2016 tivemos unha visita ao Museo de Belas Artes da Coruña. O alumnado visitou a exposición dos gravados de Goya e realizou unha práctica de gravado.
O 17 de febreiro o alumnado visitou a fábrica das patacas fritidas de Bonilla nunha saída organizada polo departamento de Economía.

Máis información …

Visita as facultades da Universidade da Coruña

Visita Facultades 2º BACH
Foto realizada polo alumno Juan Tejedor de 2º de bacharelato

O 4 de marzo o alumnado de 2º de bacharelato realizou esta visita, organizada polo departamento de Orientación, na que puideron coñecer as instalacións, funcionamento e contidos que se imparten en diversas facultades.

Máis información …

Os representantes da CIUG no noso centro

xornadas_Ciug_01_2016O día 12 de Febreiro, estiveron connosco dous relatores da Ciug ( Comisión Interuniversitaria Galega) para realizar unha xornada de orientación dirixida aos alumnos de 2º de bacharelato.
Máis información…

Obradoiro “Seguridade nas redes”

FullSizeRender-54-150x150Os días 25, 26 e 27 de Xaneiro desenvolveuse o obradoiro “Seguridade nas redes”, impartido pola empresa de intervención social  “Atalaia Social”.

O obxectivo é sensibilizar ao alumnado da necesidade do manexo responsable das novas tecnoloxías.

Máis información…

Entroido 2016

Entroido 2016
Entroido 2016

Promovido polo Departamento de Dinamización Lingüística tiveron lugar, do 1 ao 5 de febreiro, diversas actividades relativas a esta festa tradicional.

Cada día da semana houbo unha proposta de disfrace e o venres celebrouse un concurso de postres e outro de disfraces acompañados de desfile e testamentos do Entroido.

Máis información…

Concurso de conxuros

ConcursoConxuros_nov_2015O pasado 18 de decembro entregáronse os premios aos autores dos textos que gañaron o concurso de conxuros: Noela Mato López (ESO 1A) e Javier Moya Sánchez (ESO 1B) así como á gañadora do concurso de cabazas, Clara Graña Castro (ESO 1B). Os certames foron organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua galega co gallo do Samaín. Pódense consultar os conxuros no blogue da Biblioteca do IESP: “O faiado de Balbino”.

Descubrindo Oleiros

A alumna Andressa Fernández Amador de 1º A recibiu un dos accésit do premio literario “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, na categoría do primeiro ciclo da ESO. Andressa presentouse ao certame, no que participou alumnado de todos os centros educativos do concello, co relato “Detrás dun andel”. Recolleu o premio, xunto aos outros gañadores, o 22 de decembro no Auditorio da Fábrica. Parabéns, Andressa!

Boas festas e feliz ano novo

Postal_Nadal_2015

Hakaneira

O 18 de decembro de 2015, o IESP celebrou a macro-actividade #NeiraNunDía, unha co-participación da comunidade educativa ao longo de seis horas nas que o deporte, a investigación, a teatralización, a música, a chispa e o humor serviron para entrelazar aínda máis aos membros deste instituto.
Grazas a tod@s pola ilusión e o traballo amosado, en #NeiraNunDía, en Refuxiad@s e en #Hakaneira.

Máis información…

Homenaxe a Neira Vilas

A nosa Comunidade Educativa celebrou un acto de lembranza e homenaxe a Xosé Neira Vilas o día 4 de decembro.

Interviu en primeiro lugar o director para salientar a honra de levar o seu nome e lembrar o agarimo que el sempre sentiu polo noso centro. Falou a continuación Xosé Carballude, como profesor e amigo que foi do egrexio escritor, para dar paso a continuación a unha ampla representación de nosa colectividade (alumnado, persoal non docente e familias) que leron diversos textos nas diversas linguas de orixe de todos eles. Interviu a continuación a Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros e pechouse o acto con dúas actuacións musicais.

Mais información…

Eu son Neira Vilas

O día 3 de novembro o escritor Xosé Neira Vilas festexaba o seu aniversario. Desde o IESP enviouse un vídeo-agasallo no que o profesorado, alumnado e persoal do centro asumía a personalidade do escritor partindo da célebre frase coa que comeza “Memorias dun neno labrego”. O que ía ser un agasallo converteuse o día 27 nunha homenaxe a súa vida e obra.

Máis información…

Solidarité

Solidarite_2012Au lycée IESP Xose Neira Vilas de Oleiros où l’on étudie votre langue et votre culture, celles d’un pays que l’on aime tellement, nous pensons à vous.
Tous ces évènements nous ont énormément touché et bouleversé.
On vous embrasse très très fort.
La Communauté Éducative du lycée IESP Xosé Neira Vilas de Oleiros ( A Coruña) – Espagne.

Versión en galego e máis información…

Magosto-Samaín 2015

Samain_9_11_15_002O EDLG organizou na semana do 9 ao 13 de novembro unha serie de actividades para festexar algunhas das celebracións máis características deste mes.

Máis información…

Actividade de remo

Remo_10_11_2015_5O día 21 de outubro os alumnos de 1º de ESO realizaron unha actividade, promovida polo Concello de Oleiros, de iniciación ao kaiak e remo, impartida polo Clube de Remo de Perillo.

Máis información…

Día da Ciencia en Galego

CGENDL_10_11_2015Un ano máis festéxase o Día da Ciencia en Galego coa colaboración da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua.

Mais información ….

 

Parabéns a Xosé Neira Vilas

XoseNeiraVilas_10_11_15_1O pasado 3 de novembro foi o cumpreanos do escritor e amigo Xosé Neira Vilas. Desde o instituto desexóuselle un aniversario ben feliz a través dunha felicitación e un vídeo realizado polo Departamento de Dinamización da Lingua e o Departamento de Actividades Extraescolares no que colaborou o profesorado, conserxes e alumnado.

Mais información…

#BackToSchool

#BacktoSchool
#BacktoSchool

O pasado 29 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato participou na experiencia #BacktoSchool da man dos funcionarios europeos Marcos Pérez e Paula Álvarez.

Máis información…

Os outros exilios

As nenas da guerra O día 15/10/2015 celebrouse unha charla sobre o exilio de nenos e nenas durante a Guerra Civil. Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Mavova, tres “nenas de Moscú” relataron a súa experiencia vital.

Máis información…

Campaña de recollida de alimentos

Banco_Alimento_04_11_2016O noso instituto súmase á campaña de recollida de alimentos, organizada polo Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros do 3 ao 13 de novembro. Invítase a todos os membros da comunidade educativa, que podan facer este esforzo, que aporten conservas animais ou vexetais, aceite, vinagre, fideos, fariña ou sucre.

 

Ruta do Seixo Branco en bicicleta

bicicleta

Suspéndese esta actividade ata novo aviso.

 

Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria

charla_anorexiaO pasado 16 de Outubro, María Blanco Suárez, psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña impartiu unha charla sobre a “Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria”, ó alumnado de 4º de ESO.

Mais información …

Actividades ofertadas pola ANPA para o curso 2015-16

O  día    15/1robot0/2015   iniciaronse   as  actividades   extraescolares organizadas pola ANPA do centro. O horario será  os xoves pola tarde, entre as 16:15 e 17:45.

Tedesenglish-club a vosa disposición: Robótica, Xadrez, English club, Técnicas de Estudo.

Mais información …

Certificados DELF 2015

Logo DELFExcelentes resultados do alumnado do IES P Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministerio de Educación de Francia.

Mais información ….

Convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)

ÖCKERÖ SEGLANDE GYMNASIESKOLADo 24 ao 29 de setembro, o alumnado de primeiro de bacharelato disfrutou dunhas xornadas de convivencia cun grupo de alumnos do instituto de ensino secundario Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia) que chegaron á Coruña a bordo da bricbarca Gunilla.

Máis información …

Xornada de Convivencia e adestramento en técnicas de mediación

Equipo de Convivencia e Mediación
Equipo de Convivencia e Mediación

O pasado luns, 28 de setembro, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha excursión a Ferrol, Mugardos e Montefaro. No transcurso dun fermoso e soleado día, os integrantes do equipo visitaron o gran Castelo de San Felipe, unha fortaleza militar construída a finais do século XVI para defender a ría e a cidade de Ferrol (coido que naqueles tempos non había mediadores).

Mais información ….

Solicitude de axudas e préstamos para libros de texto, curso 2015/2016

A Secretaría do Centro publicou información sobre as axudas para a adquisición de libros de texto  para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Sostible

Sostible
Sostible

O 19 de xuño, como finalización do curso académico, o IESP puxo en escena a performance “Sostible”, Proxecto de Biblioteca no que se traballou durante o último trimestre por parte de máis do 40% do profesorado do centro educativo. Contou coa participación directa de máis de 50 alumnas e alumnos dos diversos niveis e volveu amosar unha estreita colaboración alumnado-profesorado, da que temos a ben facer gala neste instituto.

Sostible
Sostible

Grazas a tod@s pola vosa participación e bo verán.

Olla algunha actuación, por Cortesía de Carmen Rodríguez Coronado: Lucía e Xoan [1, 2]; outro alumnado de 4º ESO; Antón, Laura e Marta.

Olla o vídeo de consellos ecolóxicos do alumnado de 1º ESO e o vídeo-poema de Davi Carro, alumno de 2º ESO.

Olla algún outro vídeo aquí.

Entrevista a Marie-Noëlle Chapelle

Marie Noelle Chapelle
Marie Noelle Chapelle

 

“Para min foi un reto o traballo tan participativo e interactivo no Neira Vilas”

Marie-Noëlle Chapelle, belga de Fleurus, de  vinte seis anos é licenciada pola universidade de Lovaina, foi a lectora de Francés durante este curso 2014 15 no noso Instituto

 

Ver a entrevista completa …

Graduación 2015

Orla 2014-2015
Orla 2014-2015

O venres 29 de maio celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de segundo de Bacharelato. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda.

Máis información e fotos …

Ruta dos pazos en bici

bicicleta

Organizado polo departamento de Normalización Lingüística e coa participación de pais, alumnos e profesorado,  o día 13 de xuño, realizouse a “Ruta dos pazos en bici” .  Visitamos   os  pazos de Lóngora, Franzomel, Xaz, Miraflores e Montrove (Pazo Do Río).

Os participantes disfrutaron do percorrido e do bon tempo sen máis incidentes que algún pinchazo e co desexo de repetilo en próximos cursos.

Xornada de Acollida

Como case todos os anos, cando se achegan estas datas,  é costume no Instituto celebrar unha Xornada de Acollida cos alumnos de 6º de Primaria, do noso centro adscrito. Esta Xornada desenvolveuse o  pasado Xoves 28. Primeiramente tivo lugar un acto de benvida no Salón de Actos para despois pasar a explicarlles as características máis destacadas da etapa de Secundaria e os cambios que se aveciñan coa aplicación da LOMCE. A continuación oito alumnos mediadores fixeron un percorrido polas instalacións do Instituto, ocupándose cada dous mediadores  de 14 alumnos, e terminaron no patio sentándose en círculos e lles  comentasen todo aquilo que lles preocupaba e querían saber, así como os mediadores lles contaban de primeira man,  como foron as súas vivencias cando eles chegaron ó Instituto.

Máis información …

Alumnado admitido

Prácticas Restaurativas

Prácticas Restaurativas
Prácticas Restaurativas

O Equipo de Convivencia e Mediación fixo unha valoración das Xornadas de Formación en “Prácticas Restaurativas”, impartidas por Vicenç Rul·lan. Psicólogo escolar e mediador. Profesor de secundaria, coordinador do grupo de Prácticas restaurativas do ICE-IRIE da UIB e da Asociación de Xustiza e Práctica Restaurativa,   para coñecer o grao de satisfacción e opinión dos participantes. O número de asistentes ás xornadas foi un total de 14, sendo un total de once as que fan a enquisa.

Máis información …

Investigando na DOMUS

Investigando na Domus
Investigando na Domus

Organizado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, no pasado mes de abril, fixéronse dúas visitas á DOMUS.
O 17 de abril un grupo de alumnos de 4º de ESO realizou un taller de experimentación co título “¿Como se desenvolven os medicamentos?
O experimento consistiu na síntese dunha molécula, nitroso de primidona, que se emprega na investigación dun novo fármaco para o Párkinson.
O 27 de abril outro grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participou na investigación dunha vacina contra o VIH.

Máis información …

Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam

Viaxe Europea a Ámsterdam
Viaxe Europea a Ámsterdam

Un grupo de máis de 50 alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas participou na Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam, a capital de Holanda, desde o 30 de abril ata o 4 de maio.
Aloxados á beira de Vondelpark, visitamos a pé os lugares máis emblemáticos da cidade e vivimos experiencias que non habemos de esquecer.
Consulta algunhas fotos da viaxe aquí.

Máis información ….

Recollida de aceite

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Ubicación do punto de recollida

Dentro do proxecto de colaboración coa cooperativa “Mulleres colleiteiras” instalouse un contedor para recoller aceite usado.

Pídese a colaboración de toda a comunidade educativa, especialmente das familias, para acadar a maior cantidade posible de aceite reciclado de aquí ao 5 de xuño (O día Mundial do Medio Ambiente).

Díptico informativo


Máis información…

ÉCHANGE SCOLAIRE // INTERCAMBIO ESCOLAR

Échange Scolaire // Intercambio Escolar
Échange Scolaire // Intercambio Escolar

O próximo luns 4   de maio chegarán a Oleiros 33 alumnas e alumnos do colexio Collège Notre Dame  Le Menimur de Vannes.
Virán acompañados de 3 profesoras.
Desexámoslles unha boa estadía e que desfruten da nosa terra.

Máis información …

“VIAXE EUROPEA 2015” PAISES BAIXOS – AMSTERDAM

I amsterdam
I amsterdam

54 alumnas e alumnos  da  Sección Plurilingüe e este ano tamén os de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñecen cidades e países da U.E., este curso a Amsterdam  e estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Marie-Noëlle Chapelle . As datas da viaxe son do 30 de abril a 4 de maio.

Máis información …

PRESENTACIÓN DO PROXECTO “MULLERES COLLEITEIRAS”

logo mulleres_colleiteiras-01-05O 9 de Marzo os alumnos de 1º e 2º ESO asistiron á presentación do proxecto de recollida de aceite usado da cooperativa “Mulleres Colleiteirias”.

Máis información …

Á DESCUBERTA DA ARQUITECTURA E A PAISAXE: VISITA A GUIMARÃES ( PORTUGAL)

vVisita a Guimarães
Visita a Guimarães

Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança.

Máis información …

CONCENTRACIÓN DE REPULSA

Minuto de silencio
Minuto de silencio

O martes, 21 de abril as 12 do mediodía,  a comunidade educativa do IESP Xosé Neira Vilas concentrouse, nun minuto de silencio, para protestar polos sucesos acontecidos onte nun instituto de Barcelona.

INVESTIGANDO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO

Investigando no Museo Arqueolóxico
Investigando no Museo Arqueolóxico

O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja  e guiados polos seus compañeiros monitores.

Máis información …

PRÁCTICAS RESTAURATIVAS

Prácticas restaurativas
Prácticas restaurativas

O pasado venres 10 e sábado 11 de Abril, un grupo de profesores e varios Educadores Sociais do Concello, participamos nunha sesión de formación sobre Prácticas Restaurativas.

Con Vicenç Rul.lan., Psicólogo escolar e mediador, fomos vendo o amplo espectro das Prácticas Restaurativas desde accións máis informais como poden ser as declaracións e preguntas afectivas e a súa aplicabilidade dentro da aula, ata procesos máis estruturados como os círculos restaurativos e reunións formais.  Está baseadas na comunicación non violenta como unha maneira de expresarse e de dialogar  que facilita a comprensión entre as persoas.

Máis información …

O QUE MOVE O MUNDO

O que move o mundo
O que move o mundo

O venres 10 de abril, e dentro dos actos da Semana Intercultural, tivo lugar a performance “O que move o mundo”, espectáculo que contou coa participación directa de máis de 30 alumnas e alumnos -de todos os niveis educativos, desde 1º ESO a 2º Bacharelato- e a estreita colaboración de oito profesoras e profesores. O motivo central xiraba en torno a unha historia relacionada co libro de Kirmen Uribe “Lo que mueve el mundo”.

Máis información …

A VIDA UNIVERSITARIA

a vida universitaria
a vida universitaria

O xoves 9 de abril enmarcada nos actos da Semana Intercultural tivo lugar a mesa redonda “A Vida Universitaria” a cargo de Roi Millán (diplomado en enfermería, licenciado en medicina  e actualmente estudante de MIR), Víctor Sanmartín (graduado en matemáticas e estudante no Doutoramento en Matemáticas) e Mª Isabel Borrajo (licenciada en matemáticas e actual estudante de doutoramento no Departamento de Estatística e Investigación Operativa).

Máis información …

VISITA A SANTIAGO

Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte
Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte

O mércores 8 de abril o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para ter unha clase práctica coas obras santiaguesas da proba de selectividade.

Máis información …

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Programa Axudasle
Programa Axudasle

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. [Orde do 2 de marzo de 2015 (DOG)]

Máis información na páxina da consellería.

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Publicadas os postos escolares no centro para o vindeiro curso 2015-2016.

Máis información sobre o procedemento e calendario para a admisión de alumnado no IESP Xosé Neira Vilas.

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

xogos_populares_004_03_2015O día 26 de Marzo, organizouse a través do concello, unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS.

Os nenos e nenas participaron de forma activa e gozaron dunha xornada distinta e creemos que divertida aprendendo outra forma de xogar.

Máis información …

VISITA Á UNIVERSIDADE

Visita á Universidade
Visita á Universidade

O alumnado de 2º de bacharelato acudiu o pasado venres 6 de marzo a varias facultades da Universidade da Coruña.
Visitaron as instalacións e recibiron información de primeira man por parte do profesorado e alumnado dos distintos centros universitarios.

Máis información …

ÉCHANGE SCOLAIRE// INTERCAMBIO ESCOLAR

VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-

VII Intercambio Escolar
VII Intercambio Escolar

O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.

Máis Información …

AS AVOAS CONTAN

As avoas e os seus netos
As avoas e os seus netos

O 5 de marzo celebrouse no instituto un encontro emotivo e dos que non se esquecen. Foi unha homenaxe ás mulleres traballadoras e tivo por protagonistas ao alumnado de primeiro de ESO e catro avoas.

Mais Información…

CURSO DE PRÁTICAS RESTAURATIVAS

Logo_equipo_mediacionO Equipo de Convivencia e Mediación do IESP Xosé Neira Vilas organiza un curso, aberto á toda a comunidade educativa, sobre “Prácticas restaurativas no centro educativo e na comunidade” os dias 11 e 12 de Abril.

 

Mais Información…

MONITORES NO MUSEO

Visita museo arqueoloxico da Coruña
Visita museo arqueoloxico da Coruña

Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.

Máis información…

COUSAS DE SUPERHEROES: ENTRE A FÍSICA E A LINGUA

Luciano Denardin de Oliveira
Luciano Denardin de Oliveira

O 24 de febreiro, Luciano Denardin de Oliveira, profesor de Didáctica da Física na PONTIFÍCIA UNIVERSIDADE CATÓLICA  do Rio Grande do Sul (Brasil) impartiu no noso centro a charla: “Cousas de superheroes: entre a Física e a Lingua”

Máis información…

HOMENAXE A ROSALÍA

Homenaxe a Rosalía
Homenaxe a Rosalía

O pasado día 24 de Febreiro, día de Rosalía,  o alumnado do IES Neira Vilas participou na homenaxe a Rosalía de Castro co recitado de versos da poeta. O acto foi realizado no Ágora de A Coruña e organizado pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega).

Máis información…

FACENDO FILLOAS E CRÊPES

Entroido 2015
Entroido 2015

Celebramos o Entroido facendo filloas e crêpes.

Máis información …

VISITA Á EDAR

Tratamento gas
Tratamento gas

O 28 de xaneiro, o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e o de Ciencias da Terra e Ambientais de 2º de BAC realizou un visita á Estación Depuración de Augas Residuais (EDAR) ubicada en Bens e que presta servicios aos Concellos de Oleiros, Culleredo, A Coruña, Cambre e Arteixo

Mais Información…

 NUTRICIÓN SAUDABLE

Charla Dolores PrietoO día 30 de Xaneiro impartiuse a charla co título “Nutrición e saúde pública”, dirixida ó alumnado de 3º curso, a cargo de Dolores Prieto, farmacéutica e nai dunha alumna dese curso.

Máis información…

PREVENCIÓN E SAÚDE

Charla Carmen Vázquez Lema
Charla Carmen Vázquez Lema

O día 28 de Xaneiro celebrouse a conferencia titulas: “Etioloxía e prevención de enfermidades comúns” impartida pola doutora Vázquez Lema experta en medicina preventiva e coordinadora do plan de Ébola para Galicia, dirixida ó grupo de 3º da ESO dentro das actividades da materia de Xeografía.

Máis información…

SOTAVENTO

Sotavento_1Participou nesta visita o alumnado de Física e Química de 4º da ESO, 1º e 2º BAC xunto con PDC de 4º da ESO.

O contido da visita centrouse nas enerxías renovables e na eficacia enerxética. Aínda que non foi posible visitar o aeroxerador polas condicións meteorolóxicas, resultou moi positiva tanto na información transmitida como no trato recibido.

Mais Información…

 

IESP XOSÉ NEIRA VILAS : NOUS SOMMES CHARLIE

Je suis Charlie
Je suis Charlie

Con motivo dos atentados ao CHARLIE HEBDO en Paris o alumnado e o profesorado do IESP Xosé Neira Vilas mandou ao Director do Centro L.M. Soupiot,  co que levamos facendo o Intercambio Escolar (COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES) un correo electrónico de solidariedade e de repulsa por estes feitos, acompañado dunhas fotos..

Mais Información…

 

IMOS DE EXPOSICIÓNS

Ao remate das exposicións
Ao remate das exposicións

Como peche do primeiro trimestre, o alumnado de 1º da ESO visitou as exposicións “A vangardas das formas”, sobre a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, e “O Ártico rompe”, que presenta como é este lugar do noso planeta e o papel que desempeña na nosa vida.

Mais Información…

 

Taller de gravado no Museo de BBAA

Visita ao Museo de Belas Artes
Visita ao Museo de Belas Artes

O alumnado de cuarto acudiu o día 19 de Decembro ao museo de BBAA da Coruña para profundar na obra de Goya e para participar nun taller de gravado, tamén foi aproveitada a visita para ver as obras contemporáneas alí expostas. Foi organizado polo Departamento de Xeografía e Historia e acompañados polos profesores Xosé Antón García e Carmen Rodeja.

Mais Información…

Inmersión lingüística nos Peares

Inmersión lingüística nos Peares
Alumnado do centro

Durante o mes de novembro o alumnado de terceiro curso da ESO do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha semana no lugar de Os Peares nun campamento lúdico e participativo co obxectivo de mellorar o nivel de inglés.

Máis Información…

Día da Ciencia en Galego

Ciencia en Galego
Ciencia en Galego

O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º de ESO participou nunha videoconferencia con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organizada pola Coodinadora Galega de ENDL.

Máis información …

Subvención do Concello de Oleiros

colabora_concello_oleirosO Concello de Oleiros concedeu ao noso centro a cantidade de 5.250 euros, en concepto de actividades didácticas e culturais (viaxes culturais, concertos, visitas culturais, etc.), para 270 alumnos-as e viaxe fin de etapa para 21 alumnos-as, segundo acordo da Xunta de Goberno Local do día 5 de novembro de 2014.

Mais Información

Novos mediadores do Neira Vilas

Curso de mediadores
Curso de mediadores

Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.

Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.

Mais Información…

#Igualágrimas

#Igualágrimas
#Igualágrimas

10 de decembro de 2014. Salón de Actos do IESP Xosé Neira Vilas. O Día Internacional dos Dereitos Humáns conmemórase no noso centro educativo cunha lembranza cara aos ¿desaparecidos? de Ayotzinapa -unha escola de mestres de Iguala-, México, hai meses. As primeiras análises de restos humanos dun vertedoiro conclúen que un dos 43 foi atopado alí.
Mais Información…

Obradoiro de Estarcido

Estarcido_1O Proxecto de Desenvolvemento Creativo do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa trouxo ao noso instituto ao artista plástico Nine que desenvolveu un obradoiro de iniciación ao estarcido co alumnado de 1º da ESO.

Mais Información…

Renóvase parte do Consello Escolar

Elección Consello Escolar
Elección Consello Escolar

Segundo está establecido legalmente, cada dous anos procédese a renovación por metades dos Consellos Escolares. Este curso, no noso centro, toca cubrir as seguintes prazas: 3 correspondentes ao profesorado, 2 ás familias e 1 ao alumnado.

Como membro desta comunidade escolar tes unha responsabilidade: O DÍA 27 VEN A VOTAR.

Mais Información…

Hora de ler

Toca Ler
Toca Ler

Por segundo curso consecutivo ponse en marcha no noso centro esta actividade coa que se pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.

Mais Información…

Visita ao MUNCYT

O 13 de novembro de 2014, o alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato realizou unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, participando no programa didáctico “Desafíos MUNCYT”. A actividade incluíu a visita a todas as salas, con especial atención á Sala Miscelánea, a Sala Iberia e a exposición temporal sobre sismos. Experimentar, entender e descubrir foron habilidades especialmente desenvolvidas nesta visita… que non será a última!”

Curso residencial en Inglés para alumnado de 3º da ESO

Aldea Gas Natiural nos Peares
Aldea Gas Natural Fenosa nos Peares

O IESP Xosé Neira Vilas participa este curso por primeira vez no Programa de Cursos Residencias de Inmersión en Inglés organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa incorporación aos mesmos de 25 alumnos e alumnas de 3º da ESO.

Mais Información…

Espectáculo no teatro Rosalía

EnUnLugar1A primeira representación ofertada en QUE ESPECTÁCULO tivo lugar no Teatro Rosalía Castro de A Coruña, o día 10 de outubro, ás 20.30 h. Un total de 26 alumnos do primeiro ciclo da ESO asistiron á  representación de En un lugar del Quijote pola compañía Ron Lalá.

Mais Información…

Uso seguro e saudable das novas tecnoloxías

Uso seguro e saudable das novas tecnoloxías
Uso seguro e saudable das novas tecnoloxías

O Ministerio do Interior, a través do Corpo da Garda Civil,  e dentro do PLAN DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR imparte unha serie de charlas dirixidas ás familias e alumnado.

Mais Información…

Nova Actividade: “Que Espectáculo!”

Qué Espectáculo
Qué Espectáculo

Ponse en marcha no instituto o programa QUE ESPECTÁCULO! Grazas a el, o alumnado do noso centro poderá asistir a diversos espectáculos de artes escénicas e musicais en funcións para público xeral e, polo tanto, fóra do horario lectivo.

Mais Información…

Actividades Extraescolares 2014-2015

actividades extraescolares 2014-2015Co arranque do novo curso, ponse en marcha o proceso de inscrición nas actividades extraescolares que se iniciarán o día 2 de outubro baixo o título OS XOVES, O NEIRA PUNTO DE ENCONTRO.

Impartirase teatro, intercambio de inglés, xadrez, danza, robótica, técnicas de estudo e ciencia divertida. Todas as actividades realízanse os xoves pola tarde e o prazo de inscrición remata o día 26 de setembro.

Máis información…

Certificados DELF

Logo DELFUn ano máis o alumnado do IESP “Xosé Neira Vilas” obtén excelentes resultados nos exámes de Francés convocados no mes de xunio polo Ministerio de Educación de Francia.

Máis información…

BACHIBAC – Curso 2014-2015

logo_bachibacA partir de setembro 2014, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro Plurilingüe en francés en Galicia, será tamén o primeiro centro de toda a Comunidade en ofertar o programa binacional Bachibac.

Mais Información…

O Instituto nos medios

bachibac na tvgO Telexornal Mediodía [08/07/2014] da TVG faise eco da oferta do Bachibac no noso centro:

Pode ver a noticia na páxina da TVG.

Máis información…

Libros de texto. Curso 2014-2015

Xa se pode consultar a relación de libros de texto para o  curso 2014-2015.

Comenius Regio

[21/10/2014]
O noso centro participa, por 2º ano, dentro do programa Comenius Regio co proxecto “Échangeons notre échange scolaire!”. Está cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da UE e e coordinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Máis información…

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)