Todolos artigos de: Departamento de Orientación
CHARLAS SOBRE O GRAO DE TERAPIA OCUPACIONAL
Alumnas do último ano do grao de Terapia Ocupacional estiveron no instituto para explicar estes estudos, entre elas unha exalumna do noso centro, Gema Tacón. Tedes toda a información neste enlace:
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/04/grao-en-terapia-ocupacional-sen-dubida.html?spref=tw
CHARLA DA CIUG SOBRE A ABAU
Pedro Armas, representante da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia), estivo un ano máis no noso centro e explicoulles as probas ABAU ao noso alumnado de bacharelato. Tedes toda a información neste enlace:
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/04/presencia-da-ciug-no-noso-centro-pedro.html?spref=tw
VISITA Á UDC

O alumnado de 2º de bacharelato visitou o pasao xoves día 21 de febreiro á Universidade da Coruña. No percorrrido guiado por diversas facultades estiveron acompañados polos titores dos dous grupos (Ana Crego e Jorge Carlos Calle) e pola orientadora do centro Lourdes Otero. Podedes ler máis neste enlace:
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/02/visita-universidade-de-coruna.html?spref=tw
FORMACIÓN EN MEDIACIÓN
Alumnado de 1º e 2º de ESO rematou a formación como mediadores e mediadoras. O Obradoiro de formación foi de seis sesións cunha duración total de 12 horas.
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/02/formacion-de-mediadores-estes-son.html?spref=tw
Novas titulacións da UDC

O pasado luns, 5 de novembro, a Universidade da Coruña convidou aos directores e orientadores dos centros a participar nunha xuntanza informativa sobre as novas titulacións que ofrece a UDC, na que tamén se expuxeron as futuras modificacións que se realizarán na oferta actual. Para unha información máis delatallada pódese consultar o Blog de Orientación do instituto:
Loitando por romper o teito de cristal
O día 8 de marzo estivo con nós Ariadna Fernández Palomo para falarnos sobre a “Muller e a Ciencia”. A súa formación ten que ver tanto co mundo das ciencias como das letras. Estudou farmacia e periodismo e actualmente investiga fórmulas cosméticas con principios activos galegos.
Empezou a súa exposición facendo entrega a cada alumno dun agasaio coa idea de preguntar ao final da sesión, cantos troques fixeran entre eles e así comprobar os estereotipos sexistas e prexuizos que temos. Seguir lendo Loitando por romper o teito de cristal

