O venres 27 de maio tivo lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2015-2016, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como o Alcalde do concello de Oleiros e unha representante da Embaixada de Francia. A xornada -presidida polo director Agustín Fernández Gago- desenvolveuse nun ambiente festivo, cos discursos por parte do alumnado (Mencía Resch Pérez e Manuel Bérmudez Pillado), das nais e pais (Marta Rey García) e do profesorado (Julia Fernández Seguín) da representante da embaixada de Francia (Nuria Vivancos-Aligant) e do alcalde (Angel García Seoane).
Un grupo de alumn@s de 4º de ESO protagonizan, do 17 ao 21 de xuño, a súa viaxe de Fin de Etapa.
Durante ese días estarán en Barcelona con visitas ao Museu Nacional d’art de Catalunya(sección de arte románico), á Sagrada Familia e a L’Aquàrium e rutas polo Barrio Gótico e o Modernista. Dedicarán unha xornada para visitar o Teatro-Museo de Dalí en Figueres e concluirán con dúas xornadas en Port Aventura.
Nesta vaixe irá acompañados de dous profesores e este é o programa completo.
O día 20 de Abril, e despois da visita preparatoria de marzo, o grupo de monitores acompañou ó resto do alumnado de primeiro da ESO ó museo arqueolóxico de San Antón para explicar os principais obxectos alí expostos e a realización de actividades prácticas, entre elas, coa catalogación das pezas, para rematar coa presentación dunhas actividades didácticas a realizar despois da visita.
O grupo de monitores e comisión de orde estivo composto por: Mario Badini, Aitor Ares, Darian López Minero, Antía Noya, Mara Pereira, Clara Graña, Nadia Boughaba , Edher Ramos e Javier Moya
O pasado 17 de maio, como é sabido por todos, foi o Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Manuel María. O alumnado rendiulle homenaxe ao poeta chairego de diferentes xeitos. Algunhas aulas fixeron poemas colectivos a partir de palabras extraídas da súa obra empregando unha técnica vangardista. A explicación do experimento e os poemas resultantes, ben orixinais, pódense consultar en “O faiado de Balbino” que é o blog na Biblioteca: http://iesneiravilas.org/biblioteca/.
Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron o 24 de maio a unha charla sobre o autor impartida por Mercedes Queixas, autora da súa biografía Poeta con algo de labrego (Galaxia, 2016) no Teatro As Torres de Santa Cruz. Algúns deles presentáronse voluntarios para ler poemas de Manuel María.
O día 16 de Marzo o grupo de monitores de primeiro curso da ESO acudiron ó museo arqueolóxico de A Coruña para preparar as visita e as actividades didácticas para seren realizadas polos seus compañeiros. Durante a visita prepararon a información sobre as pezas alí expostas e organizaron as actividades prácticas.
A actividade foi deseñada polo Departamento de Xeografía e Historia do IESP Neira Vilas en colaboración coa arqueóloga do museo Ana Martínez Arenaz.
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as 7 da tarde unha nutrida representación do alumnado do centro presentou ao público asistente unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.
O capacidade de comunicación do alumnado e a súa facilidade para adaptar as explicacións á idade dos visitantes mantiveron a nosa xaima sempre chea de visitantes.
Preparando as actividades
Preparando os carteis
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
A implosión dunha lata foi unha das actividades máis populares
A implosión dunha lata foi unha das actividades máis populares
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
Ciencia na rúa
A impresora 3D non para de traballar en todo o día
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
Maxia e dinámica de fluídos
O vacío pode inflar un globo
Como podemos coñecer a composición das estrelas?
A choiva non diminuiu o interese
Pequenos e maiores amosaron o seu interese pola ciencia
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
A Plana Maior
Participantes
Alumnado : Daniel Alba Pascoal, Lucía Arce Fernández, Alejandro Basante Díaz , Javier Castro Iglesias, Diego Chenlo Portabales, Rubén Digón Louzara, Martín Fernández-Obanza Durán, Lucía Flórez Bustad, Antía González Fernández, Marta Martínez Novo, Pepa Mata Varela, Emilia Oróns Vázquez, Miguel Pozo González, Cesar Resch Pérez, Alba Rouco Prieto, Iago Ruibal Lago, Uxía Sabrojo Catoira, Guillermo Astor Torres Lamas, Adrián Vázquez Pintor, Marcos Vázquez Rubín.
Profesorado : Jesús Antonio Curros López e Laura Fernández Villarino do Departamento de Física e Química, Xosé Rodríguez Rodríguez do Departamento de Tecnoloxía e Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, profesores eméritos do departamento de Física e Química.
Actividades presentadas
Cartel de Ciencia na Rúa 2016
O aire esmaga unha lata de refresco
Una figura de papel imposíbel de realizar
O sistema binario e máis eu adiviñámosche o numero pensado
O pasado xoves 21 de abril tivo lugar a fase de zona da Olimpíada de Matemáticas de 2º da ESO. Este ano o noso centro estivo representado polas alumnas Noemí Muíños Blanco e Hellen Diel Veras e os alumnos Lucas Canle de Andrés e Jacobo Pita-Baamonde Vázquez. Os resultados desta proba serán publicadas o próximo día 10 de maio na páxina web de AGAPEMA. Dende o centro queremos agradecer a todo o alumnado que se animou a participar nesta andaina pola matemática así como desexarlle moita sorte ós nosos representantes.
No salón de actos do instituto, o luns 18 de abril pola tarde, os alumnos de 1º da ESO fixéronlle unha entrevista ao profesor Xosé Carballude autor, entre outros, do libro Miña avoa ten 13 anos, libro lido anteriormente nas clases.
En primeiro lugar a representante de 1º C presentou o escritor e a continuación, ela e outros dous compañeiros, representantes de 1º A e 1º B, fixéronlle as preguntas preparadas nas clases.
Por último, despois de dar resposta a cada unha delas, convidou ao público a seguir preguntando. O acto rematou co agradecemento do profesor e o aplauso do alumnado.
O pasado mércores dia 20 de abril chegaron a Oleiros 27 alumnas e alumnos do colexio COLLÈGE NOTREDAME LE MENIMUR DE VANNES.
Están acompañados de 2 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apretada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 23 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 30 deste mes de abril .
Desexámoslles unha boa estadía e que disfruten da nosa terra.