Todolos artigos de: vicedireccion

Sotavento

Participou nesta visita o alumnado de Física e Química de 4º da ESO, 1º e 2º BAC xunto con PDC de 4º da ESO.

O contido da visita centrouse nas enerxías renovables e na eficacia enerxética. Aínda que non foi posible visitar o aeroxerador polas condicións meteorolóxicas, resultou moi positiva tanto na información transmitida como no trato recibido.

Os elementos que máis chamaron á atención do alumnado foi o coche eléctrico e a casa bioclimática. A visita resultou moi proveitosa polos coñecementos aportados para aproveitar as enerxías naturais e coñecer as vantaxes das enerxías alternativas e renovables.

IESP Xosé Neira Vilas: Nous Sommes Charlie

Je suis Charlie
Je suis Charlie

Con motivo dos atentados ao CHARLIE HEBDO en Paris o alumnado e o profesorado do IESP Xosé Neira Vilas mandou ao Director do Centro L.M. Soupiot, co que levamos facendo o Intercambio Escolar (COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES) un correo electrónico de solidariedade e de repulsa por estes feitos , acompañado dunhas fotos..

Este foi o correo :

Cher Louis-Marie,
Alors que ces derniers jours l’actualité nous rappellent le poids d’une image, je te fais parvenir un message graphique de la part de nos élèves de l’IESP Xosé Neira Vilas.
Il s’agit d’un message qu’ils ont voulu que je te fasse parvenir en tant que représentant de leur collège en France, un message qui vient de leurs coeurs de jeunes citoyens.
On souhaite que les crayons restent le symbole de l’école et que ce qui coule ce ne soit plus jamais le sang mais l’encre de missives d’amitié comme celles de nos échanges scolaires.
À Oleiros, on est Charlie parce qu’on est vannetais.
Fraternellement

( Estimado Louis-Marie,
Os acontecementos destes dias recordannos o peso dunha imaxe, e en nome do profesorado e o alumnado do noso centre fágoche chegar esta mensaxe.
Trátase dunha mensaxe que che queremos facer chegar como Director do centro co que facemos o Intercambio , é unha mensaxe que sae dos corazóns dos todos nos.
Desexamos que os lápis sigan como símbolo da Escola e o que saia deles non sexa nunca sangue todo o contrario que sexa a amizade como son os nosos Intercambios Escolares
En Oleiros “Nos somos Charlie” porque somos tamén vaneteses
Fraternalmente )

Este correo xa foi respondido polo Director do centro agradecendo as intencións e que ia expor no Colexio as fotos e o correo que lle mandamos.

Imos de exposicións

Como peche do primeiro trimestre, o alumnado de 1º da ESO visitou as exposicións “A vangardas das formas”, sobre a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, e “O Ártico rompe”, que presenta como é este lugar do noso planeta e o papel que desempeña na nosa vida.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Para a realización desta actividade desprazáronse aos Cantóns da Coruña ao Centro Socio Cultural A Fundación e á carpa da Obra Social “La Caixa”.

Taller de gravado no Museo de BBAA

O alumnado de cuarto acudiu o día 19 de Decembro ao museo de BBAA da Coruña para profundar na obra de Goya e para participar nun taller de gravado, tamén foi aproveitada a visita para ver as obras contemporáneas alí exportas. Foi organizado polo Departamento de Xeografía e Historia e acompañados polos profesores Xosé Antón García e Carmen Rodeja.


Inmersión lingüística nos Peares

peares_3 Durante o mes de novembro o alumnado de terceiro curso da ESO do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha semana no lugar de Os Peares nun campamento lúdico e participativo co obxectivo de mellorar o nivel de inglés.

A actividade foi enormemente proveitosa xa que “foi posible pasalo ben e aprender á vez”. Transcurríu  unha semana no campamento en réxime de internado con monitores nativos de Australia e Reino Unido,

Polas mañás as actividades eran de medio ambiente, con talleres de reciclaxe ou charlas sobre animais en extinción, despois xogos. Pasado o xantar, e despois dun tempiño de lecer, a preparación da presentación oral dun tema para expoñer en público. Pola noite, despois da cea e das duchas, eran as  actividades lúdicas con discoteca, karaoke, ou xogos da “noite misteriosa” ou “busca do tesouro”.

Considera o alumnado unha experiencia inesquecible na que se fixeron amigos e perfeccionaron a fluidez na fala do inglés. Destacan tamén a profesionalidade dos  monitores e a rapidez coa que pasou o tempo. A todos lles gustaría repetir.

Obradoiro de estarcido

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Proxecto de Desenvolvemento Creativo do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa trouxo ao noso instituto ao artista plástico Nine que desenvolveu un obradoiro de iniciación ao estarcido co alumnado de 1º da ESO.

Cada un dos dous grupos tivo unha sesión de traballo de tres horas os días 24 e 27 de novembro, respectivamente. Nesa sesión recibiron unha introducción a esta técnica milenaria que permite plasmar calquiera imaxe en calqueira superficie.

Iniciación á técnica do estarcido

Estarcido_1O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de participar nunha sesión de traballo co artista Nin9 dentro do programa do Museo de Arte Contemporáneo.

Na sesión fíxose unha introdución á técnica do estarcido que permite plasmar calquera imaxe recollida nunha plantilla a todo tipo de superficies ou obxectos (decoración, rotulación, camisetas, …).

As sesións tiveron lugar os días 24 e 27 de novembro e nelas os alumnos e alumnas participantes puideron manifestar a súa creatividade con esta técnica milenaria.

Renóvase parte do Consello Escolar

Elección Consello Escolar
Elección Consello Escolar

Segundo está establecido legalmente, cada dous anos procédese a renovación por metades dos Consellos Escolares. Este curso, no noso centro, toca cubrir as seguintes prazas: 3 correspondentes ao profesorado, 2 ás familias e 1 ao alumnado.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por resolución de 19 de setembro de 2014, procedeu a convocar as correspondentes eleccións que no IESP Xosé Neira Vilas celebraranse o día 27 de novembro no seguinte horario: 12.10 h claustro de Profesores; durante toda a xornada escolar, o alumnado; e de 16.15 a 19 h, os pais e nais ou representantes legais do alumnado.

Cerrado o prazo de presentación de candidaturas, foron proclamados as seguintes:

  • Profesorado: José Carlos Vidal López, Isabel López Mariño e José Antonio Rodríguez Amedo.
  • Familias: Anxo Xavier García Castro, Lorena Gómez de la Fuente e Roberta Susana Scarcella.
  • Alumnado: Marta Castro Patiño, Pepa Mata Varela e Ana María Pirlive.

Cada mesa electoral poñerá a disposición dos electores as correspondentes papeletas e o número máximo de candidatos que se poderán votar en cada sector son: Profesorado, 2; Familias, 1; Alumnado, 1.

Como membro desta comunidade escolar tes unha responsabilidade: O DÍA 27 VEN A VOTAR.

Hora de ler

Toca Ler
Toca Ler

Por segundo curso consecutivo ponse en marcha no noso centro esta actividade coa que se pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.

A hora seguirá sendo rotatoria por semanas entre as seis sesións de cada xornada cun calendario preestablecido. A lectura é individual e silenciosa no espazo que corresponda e co profesor que imparta clase nesa sesión. Cada alumno e alumna da ESO deberá ter consigo un libro para ler nese momento e se non dispón del seralle asignado polo profesor que esté a cargo do grupo nese intre.

Dadas as boas valoracións recibidas por esta experiencia o curso pasado e a alta implicación de toda a comunidade educativa na mesma, confíase en conseguir que a lectura pase a ser un dos eixos fundamentais da nosa actividade.