Todolos artigos de: vicedireccion

Día do medio ambiente 2020

Con ocasión do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), damos publicidade a unha serie de videos que teñen por obxecto entrevistar a profesorado e adultos en torno ao tema do cambio climático.

A realización destas entrevistas, por parte de alumnado de 4º ESO, foi supervisada no primeiro trimestre deste curso académico pola profesora de Lingua Castelá María Dans.

Interdisciplinariedade grega #NaCasa_NV

Nunha colaboración interdisciplinar na que ten participado alumnado de 1º ESO, recreamos a Grecia antiga a través de diversos elementos: imaxes deconstruídas, videos, visual thinking, infografías e bandas deseñadas.

Contactar en estado de alarma

Diante da necesidade de continuar co ensino a distancia neste período, publicamos –DE CARA ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, unha guía cos métodos de seguimento de aulas online por parte do profesorado de cada curso e o contacto preferente co profesorado en caso de dúbida. Pódese consultar -facendo click- na ligazón PDF ou ben en Calaméo.

SAÚDE A TODAS E TODOS!!!

#CienciaNaCasa_NV

O domingo 10 de maio de 2020 íase celebrar o Día da Ciencia na Rúa en A Coruña, e este centro ten hábito de participar.

Este ano, dadas as circunstancias, non se pode facer. Por iso o sustituimos polo día da #CienciaNaCasa_NV. Aquí colgaremos, polo tanto, algunhas das actividades realizadas polo alumnado nas súas propias casas.

Juan Santamaría

Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.

O enterro será mañá venres ás 16h no Cemiterio de Catabois (Ferrol) e o funeral ás 17h na Concatedral de San Xulián.

Dous autobuses para o alumnado partirán dende o instituto (aparcamento da piscina de Perillo) ás 14:45h, con regreso ao remate dos actos funerarios.

O venres 21 de xuño suspéndese toda a actividade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas en sinal de loito.

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural  e Literario, actividade na que  se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado. Seguir lendo ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO