Do 19 ao 24 de xaneiro unha trintena de alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato viaxaron á estación de Candanchú, no Pirineo aragonés, onde puideron poñer en práctica as súas habilidades esquiando.
Arquivo da categoría: Actividades
VISITA ÁS FACULTADES DA USC
O mércores 5 de febreiro o alumnado de 2º de Bacharelato do noso centro visitou as facultades da Universidade de Santiago de Compostela dentro do programa “A Ponte” que organiza a USC para dar a coñecer as súas titulacións e instalacións aos/ás futuros/as universitarios/as. O alumnado fixo diversos percorridos polas facultades que máis lles interesaba visitar nos diferentes campus da institución compostelá.
OBRA DE TEATRO EN FRANCÉS : LUPIN
O pasado martes 21 de Xaneiro, o alumnado de francés de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de gozar dunha experiencia cultural única ao asistir a unha obra de teatro baseada no famoso ladrón Arsène Lupin, un dos personaxes máis coñecidos da literatura francesa. Durante esta actividade, as e os estudantes non só se mergullaron nunha trama chea de intriga e diversión, senón que tamén puideron practicar a lingua nun contexto real e dinámico.
Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible que deixou unha gran pegada no alumnado !
Le mardi 21 janvier, les élèves de français de 3e et 4e de l’ESO ont eu l’opportunité de vivre une expérience culturelle unique en assistant à une pièce de théâtre basée sur le célèbre gentleman cambrioleur Arsène Lupin, l’un des personnages les plus connus de la littérature française. Lors de cette activité, les élèves ne se sont pas seulement immergés dans une intrigue pleine de suspense et de divertissement, mais ils ont également pu pratiquer la langue dans un contexte réel et dynamique.
Sans aucun doute, cela a été une expérience inoubliable qui a laissé une grande impression sur les élèves !
PATINAXE SOBRE XEO
PARTICIPACIÓN EN EDUEXCHANGES E REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO DE BACHIBAC 1

Actividades varias ao rematar o curso
O Club de remo de Perillo no instituto
O Club de Remo de Perillo promocionou o deporte de Remo no alumnado de 1º e 2 da ESO o vernes 12 de xuño. A actividade teórico-práctica, foi impartida polos adestradores e persoal da directiva do Club. A práctica consistiu nunha demostración e posterior práctica do remo-ergómetro, facendo ó final unha mini competición entre o alumnado. A actividade resultou exitosa, facendo ó Club entrega dun agasallo ós tres primeiros clasificados masculinos e as tres primeiras clasificadas femininas.
Excursión de fin de etapa 4º ESO: rafting e máis sendeirismo no Pirineo ilerdano.
Subvención do concello de Oleiros
A Resolución 2024002588 da Alcaldía do 29 de abril de 2024, vén de conceder ao noso instituto 8530 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.