O alumnado de 2º de Bacharelato asistiu a unha charla do programa “ENTRA NO FUTURO” organizada pola UDC. Nesta ocasión, un profesor, como embaixador da Universidade de A Coruña (UDC), visitou o centro para impartir a charla sobre a Universidade, as titulacións de grao, as becas e a vida universitaria.
Arquivo da categoría: Alumnado
ENTROIDO 2025
Despois dunha semana intensa en que os mandados do Meco aledaron o noso instituto, chegou, por fin!, o día da celebración do Entroido.
Comezamos cedo aprendendo todiño sobre o amoado, como transformalo en filloas e, sobre todo, devoramos máis de setecentas!
No recreo brincamos cos xogos e propostas que nos fixeron as persoas de terceiro da ESO e corremos moito para escapar dos Farrumecos de Xunqueira de Ambía. Pero non foi este o único entroido tradicional que recuperamos, non… No concurso de portas de entroido reproducíronse pantallas, cigarróns, peliqueiros e ata o Touro Xigante de Celavente.
O máis esperado do Entroido son sempre os testamentos e este ano non ía ser menos. Desde o alumnado de primeiro ata o de cuarto da ESO as coplas cheas de retranca voaron no patio para provocar unha boa morea de risas. Ata a profe de galego se animou cos testamentos! O peor disto é que agora temos que esperar outro ano polos seguintes. Aproveitade para ir afiando os lapis!
Rematamos a festa cun divertidísimo desfile de Piratullas, Farrumecos, xogadoras de fútbol, presentadoras de televisión, casamentos, Minions, artistas dos anos 20 do século XX, animais, cociñeiras e personaxes de debuxos, etc E non podemos esquecer o dificilísimo traballo que tivo o xurado para decidir porque todos os disfraces foron espectaculares!
E coa ansia de repetir… comezamos a conta cara atrás para o próximo entroido!
NORABOA, MALENA!
A nosa alumna Malena Castiñeira Franesqui, de 1º Bacharelato, resultou gañadora da edición de 2024 do concurso “Relatos de verán” que convoca cada ano La Voz de Galicia, na categoría para maiores de 16 anos co relato “Algo para pensar”. A nova completa do galardón pode lerse aquí: https://www.
XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO
febreiro de 2025 celebrouse no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.
Trinta e unha entidades entre as que se atopan Universidades, Dirección Xeral de Formación Profesional e centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalería, finanzas, pilotos e persoal de cabina, artes gráficas, escola de artes e deseño, imaxe e son,…), academias, Forzas Armadas e Garda Civil, entre outras, informaron durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado. Seguir lendo XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO
SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL PARA O ALUMNADO
DATA LÍMITE PARA A INSCRIPCIÓN 18 DE FEBREIRO DO 2025
Información sobre a acreditación da competencia dixital para o alumnado de ESO e Bacharelato: INFORMACIÓN
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
A través de diversas actividades e debates, analizamos as contribucións de mulleres científicas históricas e actuais, motivando ao estudantado a perseguir as súas vocacións sen importar o seu xénero.
CALENDARIOS DE FINAL DE CURSO E INSTRUCIÓNS PARA A RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS
VISITA ÁS FACULTADES DA USC
O mércores 5 de febreiro o alumnado de 2º de Bacharelato do noso centro visitou as facultades da Universidade de Santiago de Compostela dentro do programa “A Ponte” que organiza a USC para dar a coñecer as súas titulacións e instalacións aos/ás futuros/as universitarios/as. O alumnado fixo diversos percorridos polas facultades que máis lles interesaba visitar nos diferentes campus da institución compostelá.
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2025
Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 03/02/2025).
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.
O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025.
A convocatoria completa pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.
PARTICIPACIÓN EN EDUEXCHANGES E REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO DE BACHIBAC 1
