O día 5 de febreiro o alumnado de 2º da ESO visitou e participou en diversas actividades no Fórum Metropolitano de A Coruña
Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.
Algúns dos traballos realizados polo alumnado do noso instituto están estes días expostos para toda a Comunidade Educativa.
O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM participou o pasado luns 28 de maio nunha actividade de “Scape room” levada a cabo no noso centro pola compañía Clue Hunter.
Nestes momentos nos que o noso alumnado de 2º de Bacharelato vai ter que tomar importantes decisión en relación o seu futuro, aproveitamos para recordar a toda a comunidade educativa que os camiños que se lles abren son moitos e moi diversos.
Neste mesmo curso tivemos a sorte de contar ca colaboración do noso ex-alumno Antón Blanco Rey, que nos veu visitar para contarnos a súa experiencia de Gap Year. Seguir lendo Gap Year: Os camiños que non tomaches.
Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.
Dende aquí queremos felicitar a todo o alumnado do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencias STEM participante en dito desafío, moi especialmente ós gañadores, pola súa orixinalidade nos materiais elaborados e o seu gran traballo en equipo. Un agradecemento tamén especial merece o noso compañeiro “Xosea”, peza fundamental para acadar este éxito.
O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM visitará este venres 11 de maio a feira de investigación científica “Galiciencia 2018”, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. En dito evento o alumnado asistirá e participará en diferentes conferencias e talleres relacionados co cambio climático, tema ó que se dedica esta edición de Galiciencia. Seguir lendo Visita a Galiciencia 2018. Final do “Desafío Cambio Climático”
O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.
Como ven sendo tradición nos últimos anos, o noso centro non faltou a esta importante cita ca ciencia cidadá. Neste edición participaron ó longo do día preto de cincuenta rapaces e rapazas realizando diferentes actividades científicas e explicándollas á xente que se acercaba.
Entre as actividades expostas polo noso alumnado podíamos atopar: O ladrón de xulios, anatomía con realidade aumentada, placas termoeléctricas, a fabricación de xabón, o funcionamento dos órganos do corpo, correntes de Foucault, pilas de froitas, flores de cores, libros inseparables, trucos de cartas, motor homopolar, a cicloide, a paisaxe celular, tren magnético e fluídos non Newtonianos entre outras. Seguir lendo Día da Ciencia na rúa
O pasado mes, Noa Osa, de 1ºA de ESO, impartiu unha charla sobre diversidades sexuais aos alumnos de 2ºESO do IES Salvador de Madariaga na materia de Valores Eticos. Como unha gran profesional aclarou difrentes termos e a diferenza entre orientación sexual e identidade sexual. Tamén explicou que é o colectivo LGTB e que accións realizan. Pero sobre todo, foi unha charla sobre o respeto, a aceptación e a integración.