Arquivo da categoría: Alumnos

Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.

ABC DEBUXARIO

O pasado venres 15 de febreiro o alumnado de 3º de ESO do IES
Plurilingüe Xosé Neira Vilas participou nun obradoiro de ilustración
na Biblioteca Municipal Rialeda. Miguel Cuba, responsable desta
actividade, conseguiu espertar neles a faceta creativa que todas e
todos levan dentro. A actividade inclúese na programación de actividades de fomento da lectura do Concello de Oleiros.

Seguir lendo ABC DEBUXARIO

Gap Year: Os camiños que non tomaches.

Nestes momentos nos que o noso alumnado de 2º de Bacharelato vai ter que tomar importantes decisión en relación o seu futuro, aproveitamos para recordar a toda a comunidade educativa que os camiños que se lles abren son moitos e moi diversos.
Neste mesmo curso tivemos a sorte de contar ca colaboración do noso ex-alumno Antón Blanco Rey, que nos veu visitar para contarnos a súa experiencia de Gap Year. Seguir lendo Gap Year: Os camiños que non tomaches.

Gañadores do “Desafío Cambio Climático”, Galiciencia 2018

Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.

Dende aquí queremos felicitar a todo o alumnado do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencias STEM participante en dito desafío, moi especialmente ós gañadores, pola súa orixinalidade nos materiais elaborados e o seu gran traballo en equipo. Un agradecemento tamén especial merece o noso compañeiro “Xosea”, peza fundamental para acadar este éxito.