Arquivo da categoría: Alumnos

Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.

COMPARTIR EXPERIENCIAS

O pasado 3 de maio os exalumnos Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García compartiron co alumnado de 1º de bacharelato as súas experiencias e vivencias como universitarios.

A través dunha presentación faláronlles de numerosos aspectos moi importantes como: a transición do Instituto á Universidade, a importancia das rutinas e os hábitos na univesidade, as ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta…

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2021-2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

Pode participar todo o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha
nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

A realización da proba terá lugar o día 23 de xuño de 2022 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial
de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Toda a información aquí:

Courel 2022

As montañas, as fragas, os soutos e paxaros foron quen de facernos achar seres prodixiosos, de aprender dos outros e de ser un/ha mesma/o. A visita ao Courel apartounos do mundo por un intre e fíxonos gozar da amizade, da empatía e de longas conversas cheas de sorrisos, de camiñadas que recompoñen, de afecto… Que terán aquelas paisaxes para lembrar tanta ledicia!!!

“Eu non sei para onde vai

mentres o quedo ollando.

Só sei que alí se cumpre

o sono que estou soñando”.

  • Consulta todas as imaxes da visita do alumnado de 1º ESO ao Courel dos días 20 a 22 de abril, nesta galería.

PROBA EXTERNA DO PROGRAMA BACHIBAC

A  Consellería de Cultura,  Educación e Universidade publicou o pasado martes 22 de marzo a convocatoria da proba externa do programa BACHIBAC para o curso 2021-2022. Dita proba terá lugar os días 9 e 10 de maio, pero o prazo de inscripción do alumnado remata o día 30 de marzo. Todos os trámites fanse na secretaría do instituto.  Pódese consultar a convocatoria no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36563

CHARLA DA EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO

O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura  Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente.  Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.

Máis información no blog do Departamento de Orientación.