Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968
Arquivo da categoría: Curso 2023-2024
CHARLAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL
Ao longo desta semana, a orientadora do centro, Lorena Insua, impartiu ao todo o alumnado de 4º ESO unha charla sobre orientación académico-profesional na que lle explicou o funcionamento e características da Formación profesional e do Bacharelato, así como o sistema de acceso á universidade, e lle achegou estratexias de autocoñecemento e toma de decisións para a orientación do seu futuro académico e laboral. Proximamente, completarase a información suministrada nesta charla coa explicación detallada do programa Bachibac.
EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 1º ESO AO COUREL
Entre os días 10 e 12 de abril e 17 e 19 do mesmo mes, a meirande parte do noso alumnado de 1º ESO viaxou ao Courel grazas á actividade organizada e ofertada aos centros educativos, como en cursos anteriores, polo Concello de Oleiros. Ao longo dos tres días que durou a estadía de cada grupo, o noso alumnado, acompañado de profesorado do instituto, realizou diversas actividades físicas e culturais que lle permitiron coñecer de preto a enorme riqueza da gran reserva natural que é o Courel e a súa contorna.
CHARLA SOBRE LUÍSA VILLALTA
O mércores 17 de abril a escritora Marga do Val impartiu unha charla sobre Luísa Villalta ao alumnado de 2º Bacharelato. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega e literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, permitiu coñecer mellor á autora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Moitas grazas a Marga do Val por este interesante achegamento a Luísa Villalta.
FESTIVAL BOCA CHEA
22 DE ABRIL, DÍA NON LECTIVO NO NOSO CENTRO
Segundo se comunicou no seu momento a toda a comunidade educativa, a Xefatura Territorial autorizou o vindeiro día 22 de abril como día non lectivo de centro, polo que nese día non haberá clase e o centro permanecerá pechado.
CHARLA SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO PARA AS FAMILIAS
O vindeiro luns, 15 de abril, ás 19:00 h. terá lugar no instituto unha charla sobre técnicas de estudo dirixida ás familias do noso alumnado e impartida por Belén Pérez Sanmartín, pedagoga do Gabinete psicopedagóxico Eleeméntal de Perillo. A actividade, organizada e subvencionada pola ANPA Arce do noso centro, ten o obxectivo de informar e dotar ás familias dalgunhas das ferramentas de estudo, organización, planificación do traballo, concentración, etc. sobre as que versaron os talleres de técnicas de estudo impartidos pola mesma profesional a diversos grupos da ESO ao longo do curso. Deste xeito, preténdese que se poida reforzar o uso de ditas ferramentas na casa e facelas máis efectivas para o beneficio do noso alumnado. Agardámosvos!
PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
Seguir lendo PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
Actividades co alumnado
Nestes días realizáronse diversas actividades con alumnado do Neira.
Sesións de defensa persoal impartidas ao alumnado de 4º ESO e 1º de BACH, organizadas pola ANPA en colaboración co Departamento de EF do noso centro. Esta foi a primeira sesión das tres das que consta o breve cursiño introdutorio que imparten a xente da Asociación Galega de Bujutsu Sosei.
Encontro coa escritora Antía Yáñez no auditorio da Fábrica, quen lles falou este martes ao alumnado de 3º ESO da súa obra Non penses nun elefante rosa e doutros títulos da súa produción.
Sesións enmarcadas no Programa para o fomento da lectura que ofrece a Biblioteca de Rialeda, a onde acudiu o noso alumnado de 2º ESO para escoitar a Charo Pita contando varios dos relatos mitolóxicos incluídos nas Metamorfoses, de Ovidio.
DE LUÍSA VILLALTA A ANTÍA OTERO
Da man da poeta Antía Otero chegou, no Día da Poesía (21 de marzo), a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, ás aulas de primeiro de Bacharelato en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, de Apiario e dos departamentos de Dinamización Lingüística e de Lingua Galega e Literatura do noso centro.
Na primeira parte da sesión, A. Otero achegounos non só á poesía de Luísa Villalta senón, tamén, ao sentir poético e animounos, na segunda parte, a construír o noso propio texto. Escoitamos música, lemos poemas, achegámonos un chisquiño máis ao pensamento literario de Luísa Villalta e, incluso, percorremos coas poetas o camiño da creación. E, sobre todo, celebramos por todo o alto o Día da Poesía!