Arquivo da categoría: Curso 2020-2021

Visita ao Museo de Belas Artes

O venres 18 de decembro o alumnado de 1º de bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitou a exposición “Vestir Épocas 1860-1960″ , nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Un agradecemento especial a Fernando Agrasar, comisario da exposición, que presentou os contidos da mostra ao alumnado e acompañounos na visita.

ESTREA DUNHA CURTAMETRAXE

Estréase esta fin de semana a curtametraxe “El nuevo método” onde un profesor de teatro move os fíos das inquedanzas do seu alumnado buscando a sublimación na arte da interpretación. Nesta narración coral mestúranse escenarios novos e coñecidos con acontecementos que lembran o frío e húmido inverno que está a acontecer.
Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do Neira Vilas, cun liderado compartido, deu continuidade a unha formación realizada tempo atrás no instituto. Abertos agora a novas inquedanzas onde se mesturan coñecementos, cultura e gañas de facer algo diferente que complete a mochila coa que saen do instituto cara a longa viaxe do resto das súas vidas.
Realizarase a estrea desta curtametraxe na plataforma de vídeos de YouTube o domingo 6 de decembro de 2020.
Deixamos ao voso dispor un enlace ao tráiler e a unha entrevista realizada a parte do equipo de rodaxe e emitida por Radio Oleiros na sección “Outra mirada” o pasado martes. Non perdades a ocasión de transmitir a nova desta estrea as vosas amizades e polas redes sociais. Canto falta para a estrea? Pincha na conta atrás.

Podedes ver o tráiler aquí.

A PARTIR DAS 20:30 DO 6 DE DECEMBRO, A CURTAMETRAXE AQUÍ

Podedes escoitar  a entrevista aquí  

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O DOG do 13 de novembro vén de publicar a Orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado  en centros docentes públicos dependentes da consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

IMPORTANTE:  o prazo para realizar a solucitude remata o venres 27 de novembro (dez días hábiles desde o seguinte á publicación no DOG).

Poden consultar a orde aquí: ORDE que regula o reparto de máscaras entre o alumnado. e un resumo realizado polo instituto aquí: Beneficiarios das máscaras RESUMO

Hora de Ler

Un curso mais, a Biblioteca Escolar pon en marcha o programa da Hora de Ler. Trátase dunha iniciativa na que durante 20 minutos diarios, se facilita ao alumnado un tempo para fomentalo gusto pola lectura, estimular o hábito lector mentras ampliamos os nosos coñecementos nas mais diversas áreas.
Lembra traer o teu libro!!!  Podedes ver o calendario neste enlace:

calendario_hora_de_ler_2020_21

 

XORNADAS SOBRE MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCION FRONTE A COVID

O Concello de Oleiros está a organizar coa Cruz Vermella unha xornada sobre medidas preventivas e de protección fronte ao COVID específicas para a comunidade educativa.

Neste momento confirman tres datas para a realización desta charla no auditorio de A Fábrica, en Perillo, e que serán os venres 2, 16 e 23 de outubro, en horario de 17 a 19 horas.
O aforo é limitado e se precisa reserva previa, polo que podedes solicitar asistencia para calquera destes tres dias enviando un correo indicando a data seleccionada con nome e apelidos e un teléfono de contacto a anpaneiravilas@gmail.com
Posteriormente, e unha vez confirmado co Concello, se vos confirmará a praza por correo electrónico.

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Comezamos a andaina deste curso desenvolvendo un PROGRAMA DE ACOLLIDA” (“Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa”) que desenvolveremos coa incorporación gradual dos distintos niveis e no que desenvolveremos actividades globalizadas agrupadas nas seguintes temáticas:

a) Novas normas de organizacion e funcionamento do centro.
b) Actuacions de prevencion, hixiene e proteción.
c) Acións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial.

BENVIDA AO NOVO CURSO 2020-21!