Arquivo da categoría: Curso Actual
PARABÉNS Á NOSA ANTIGA ALUMNA ANA BELÉN GONZÁLEZ IGLESIAS
A Universidade da Coruña vén de conceder o Premio de Excelencia da UDC á mellor nota de admisión nos Graos no curso 2023-2024 á nosa antiga alumna Ana Belén González Iglesias. Desde a comunidade educativa do Neira Vilas sumámonos aos parabéns e ao recoñecemento a esta alumna excelente.
RECOLLIDA DE TÍTULOS DE ESO E BACHARELATO
O alumnado que rematou 4º ESO ou 2º Bacharelato no curso 2021-2022 xa pode pasar recoller os seus títulos correspondentes, que están dispoñibles na Secretaría do centro en horario de mañá. Para recollelo será preciso que se achegue o/a interesado/a ou persoa maior de idade autorizada por escrito polo/a interesado/a. Asemade, tamén pode achegarse aquel alumnado que rematase en cursos anteriores e que aínda non teña recollido o seu título.
Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
A gañadora do XXXIV certame de contos Vila de Pontedeume é do Neira!
Saída do alumnado de 4º da ESO
PARTICIPACIÓN NA XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA
O pasado 14 de maio o noso centro participou na XVI Xornada de Clubs de Lectura, organizada por Bibliotecas Escolares de Galicia, cunha representante de excepción, a profesora Eli Ríos, que presentou a súa experiencia á fronte, por segundo ano consecutivo, do club de lectura adicado á banda deseñada e ao manga que ten moita popularidade entre o alumnado e é un viveiro de aprendizaxes e lecturas compartidas. Asemade, este curso Eli Ríos é a coordinadora do club de lectura do instituto, “O Faiado de Balbino”, que naceu o curso pasado e que, grazas ao bo quefacer do equipo de biblioteca e do profesorado que puxo en marcha diferentes grupos de lectura temáticos, continúa a súa singradura con gran éxito.
O alumnado do Neira Vilas, entrevistado en Praza.gal

ACTO DE GRADUACIÓN DA NOVA PROMOCIÓN DE BACHARELATO 2022-2024
O xoves 16 de maio tivo lugar o emotivo acto de graduación da nova promoción de Bacharelato 2022-2024 no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, coa participación de todos os membros da nosa comunidade educativa e coa presenza do Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e da Concelleira de Cultura, Normalización lingüística, Ensino e Xuventude, María José Santos Zas. Moitos parabéns e moita sorte aos/ás nosos/as novos/as bachareis nesta nova etapa apaixoante que comeza nas súas vidas!