Arquivo da categoría: Curso

Juan Santamaría

Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.

O enterro será mañá venres ás 16h no Cemiterio de Catabois (Ferrol) e o funeral ás 17h na Concatedral de San Xulián.

Dous autobuses para o alumnado partirán dende o instituto (aparcamento da piscina de Perillo) ás 14:45h, con regreso ao remate dos actos funerarios.

O venres 21 de xuño suspéndese toda a actividade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas en sinal de loito.

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural  e Literario, actividade na que  se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado. Seguir lendo ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

OS CAMIÑOS QUE NON TOMACHES

O pasado día 27 de maio  o exalumno do noso instituto Antón Blanco Rey, compartiu co alumnado de 1º de bacharelato a súa experiencia de Gap Year. Este termo inglés refírese a un período, xeralmente dun ano entre a finalización de los estudos de bacharelato e o comezo na universidade, no que o estudante realiza unha aprendizaxe a través dunha experiencia intercultural, que implica un importante proceso de reflexión. Esta experiencia está bastante xeralizada nalgúns países anglosaxóns, pero é menos frecuente entre os nosos estudantes. Seguir lendo OS CAMIÑOS QUE NON TOMACHES