Arquivo da categoría: Departamento de Orientación
CHARLA DA EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO
O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente. Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.
Máis información no blog do Departamento de Orientación.
A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS
O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.
O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.
Máis información no blog do Departamento de Orientación.
ABAU 2020
![]() |
![]() |
Información-Centros-ABAU-CD06A_2020
As datas para a realización das ABAU [ver calendario completo de acceso 2020] van aproximándose e de seguro que sabes cales son. Mais é probable que aínda non saibas, outros aspectos de interese como prazos de matrícula e reclamación destas probas, procedemento que se segue, normas para realizar os exames e material que precisas. Todo isto e algunha información máis pódese consultar nos seguintes carteis:
![]() |
![]() |
![]() |
Nanociencia e nanotecnoloxía
Hoxe estivo connosco Moisés Canle, da UDC, que presentou unha nova titulación -Nanociencia e nanotecnoloxía, que iniciará o seu andar no vindeiro curso académico, ao alumnado de bacharelato de Ciencias. Esta titulación só se pode cursar de momento na UAB, e prevese unha cantidade de prazas limitadas a 50.
O profesor Canle presentou algunhas das aplicacións que pode ter a nova titulación, no eido da cosmética, as máquinas moleculares,… A nanociencia consiste na manipulación de partículas de tamaño ínfimo, co obxecto de cambiar as súas propiedades.
Visita ao campus de Ferrol
O alumnado de de 1º Bacharelato de Ciencias visitou, o venres 17 de xaneiro, con motivo do día da enxeñaría, o campus de Ferrol, pertencente á UDC. Durante o transcurso da xornada o alumnado puido realizar diversas actividades:
– Unha visita guiada á planta baixa do Exponav, adicada á Historia da Construcción Naval. Fixeron un percorrido polas diversas técnicas de construcción e os servicios mais esenciais dun buque.
– Una visita ás Escolas politécnica superior de Esteiro (EPS) e a escola universitaria politécnica (EUP) de Serantes onde os estudiantes visitaron os principais laboratorios, e se organizaron actividades co fin de mostrar o traballo que se leva a cabo nestes polos distintos grupos de investigación. Entre outros, puideron ver os laboratorios de enxeñaría eléctrica e electromécánica, observar un tanque de ensaios hidrodinámicos, simulación de máquinas e vehículos, aplicacións do láser, robótica autónoma ou a automatización da “Lights Out Factory”.
A xornada completouse cunha comida no campus e un paseo polo casco vello da cidade.







