O pasado 1 de outubro o alumnado que forma parte do Equipo de Mediación realizou unha saída ao Dolmen de Dombate e á Praia de Balarés Durante exta xornada desfrutaron dun agrabable día de convivencia mentres realizaron numerosas actividades formativas enfocadas á súa labor coma mediadores.
Arquivo da categoría: Departamento de Orientación
Youtuber por un día
A Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organizou o concurso “Youtuber por un día, o impacto igualinfluencer”, como actividade complementaria do programa de educación para a igualdade de xénero. Seguir lendo Youtuber por un día
Xornadas de acollida de novo alumnado
Como xa ven sendo costume no noso centro, o venres 8 de xullo organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto.
Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR.
É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar.
Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor.
Loitando por romper o teito de cristal
O día 8 de marzo estivo con nós Ariadna Fernández Palomo para falarnos sobre a “Muller e a Ciencia”. A súa formación ten que ver tanto co mundo das ciencias como das letras. Estudou farmacia e periodismo e actualmente investiga fórmulas cosméticas con principios activos galegos.
Empezou a súa exposición facendo entrega a cada alumno dun agasaio coa idea de preguntar ao final da sesión, cantos troques fixeran entre eles e así comprobar os estereotipos sexistas e prexuizos que temos. Seguir lendo Loitando por romper o teito de cristal
Visita á UDC
Alumnos de 2º de bacharelato fixeron unha visita á Universidade da Coruña (UDC) para unha xornada de orientación académica organizada polo SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante). Recibiron información sobre Enxeñeria e Arquitectura, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias.
Máis información…
Seguir lendo Visita á UDC
Visita á Universidade de Santiago
O día 8 de febreiro un grupo de 12 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato viaxaron a Santiago para asistir a unha xornada de portas abertas organizada pola USC. De acordo coas súas preferencias visitaron as facultades de Farmacia, Bioloxía, Enxeñería Informática, Matemáticas, Xornalismo e Criminoloxía.
Xornada de convivencia dos mediadores
O pasado venres, 27 de Outubro, un grupo de mediadores e varios profesores fixemos unha ruta entre Baldaio e Caión. Esta xuntanza é sumamente importante, para lograr un sentimento de unidade e cohesión grupal. Seguir lendo Xornada de convivencia dos mediadores
Aprendendo a mediar
Organizado polo Equipo de Convivencia e Mediación celebrouse o obradoiro “APRENDENDO A MEDIAR”, dirixido á alumnos que xa tiñan recibido formación sobre o tema en cursos anteriores. A súa duración foi de 12 horas e rematou a pasada semana.
Seguir lendo Aprendendo a mediar
Xornada Informativa sobre a E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña
O pasado 15 de febreiro, estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría, e Iván Couceiro, para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar:
- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas.
Charla sobre supercondutividade
Dentro do programa “APONTE” da USC (Universidade de Santiago de Compostela) o profesor Jesús Manuel Mosqueira Rey impartiu unha charla sobre supercondutividade dirixida á alumnado de 1º e 2º de bacharelato.
O relator, que é profesor da Facultade de Física e ademais é investigador no Laboratorio de Baixas Temperaturas e Supercondutividade da USC , falou sobre a investigación e as numerosas aplicacións dos materiais supercondutores.
Unha das aplicacións máis espectaculares é a levitación magnética que o profesor presentou por medio dunha maqueta de tren.