O Equipo de Convivencia e Mediación do IESP Xosé Neira Vilas organiza un curso, aberto á toda a comunidade educativa, sobre “Prácticas restaurativas no centro educativo e na comunidade” os dias 11 e 12 de Abril.
Trátase dunha formación práctica, destinada a coñecer que son e como se usan as prácticas restaurativas no día a día.
Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.
A actividade foi realizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado foi acompañado pola profesora Carmen García-Rodeja. No Museo desenvolveron o proxecto de traballo que é a realización dunha guía didáctica que eles, como monitores, prepararán para organizar a visita cos seus compañeiros. Foi desenvolvido o proxecto incidindo en cada unha das seccións do Museo arqueolóxico para identificar as pezas e implicalas no contexto histórico. Tamén foi realizado un taller de arqueoloxía coa catalogación de obxectos e un obradoiro de cerámica.
O pasado día 24 de Febreiro, día de Rosalía, o alumnado do IES Neira Vilas participou na homenaxe a Rosalía de Castro co recitado de versos da poeta. O acto foi realizado no Ágora de A Coruña e organizado pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega).
Participaron os alumnos de 1º curso, Sara Boughaba, Manuel Colino e Orleni Mateo xunto con escritores como Manuel Rivas ou Fernández Naval, dramaturgos como Manuel Lourenzo ou profesores de Universidade como Pilar García Negro.
O día 30 de Xaneiro impartiuse a charla co título “Nutrición e saúde pública”, dirixida ó alumnado de 3º curso, a cargo de Dolores Prieto, farmacéutica e nai dunha alumna dese curso
A conferenciante Dolores Prieto destacou na súa charla a importancia da alimentación, de como inflúe no desenvolvemento do corpo humano e cal son os nutrientes mellores segundo cada unha das persoas, tamén insistiu na importancia dos alimentos naturais, o abuso da publicidade, e a importancia do sono e o exercicio para a saúde. Rematou dando unha recomendacións prácticas sobre hábitos hixiénicos diarios. A conferencia suscitou numerosas preguntas e foi valorado moi positivamente polo alumnado.
O día 28 de Xaneiro celebrouse a conferencia titulas: “Etioloxía e prevención de enfermidades comúns” impartida pola doutora Vázquez Lema experta en medicina preventiva e coordinadora do plan de Ébola para Galicia, dirixida ó grupo de 3º da ESO dentro das actividades da materia de Xeografía.
A doutora Carmen Vázquez Lema e nai dunha alumna de terceiro curso, realizou unha panorámica sobre as principais enfermidades infecto contaxiosas, insistindo nas de transmisión sexual, as enfermidades respiratorias e as que se producen pola inxestión de drogas. Insistiuse nos medio de transmisión, as medidas preventivas e a situación actual da saúde pública. O debate foi de grande interese para o alumnado.
Participou nesta visita o alumnado de Física e Química de 4º da ESO, 1º e 2º BAC xunto con PDC de 4º da ESO.
O contido da visita centrouse nas enerxías renovables e na eficacia enerxética. Aínda que non foi posible visitar o aeroxerador polas condicións meteorolóxicas, resultou moi positiva tanto na información transmitida como no trato recibido.
Os elementos que máis chamaron á atención do alumnado foi o coche eléctrico e a casa bioclimática. A visita resultou moi proveitosa polos coñecementos aportados para aproveitar as enerxías naturais e coñecer as vantaxes das enerxías alternativas e renovables.
Con motivo dos atentados ao CHARLIE HEBDO en Paris o alumnado e o profesorado do IESP Xosé Neira Vilas mandou ao Director do Centro L.M. Soupiot, co que levamos facendo o Intercambio Escolar (COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES) un correo electrónico de solidariedade e de repulsa por estes feitos , acompañado dunhas fotos..
Este foi o correo :
Cher Louis-Marie, Alors que ces derniers jours l’actualité nous rappellent le poids d’une image, je te fais parvenir un message graphique de la part de nos élèves de l’IESP Xosé Neira Vilas. Il s’agit d’un message qu’ils ont voulu que je te fasse parvenir en tant que représentant de leur collège en France, un message qui vient de leurs coeurs de jeunes citoyens. On souhaite que les crayons restent le symbole de l’école et que ce qui coule ce ne soit plus jamais le sang mais l’encre de missives d’amitié comme celles de nos échanges scolaires. À Oleiros, on est Charlie parce qu’on est vannetais. Fraternellement
( Estimado Louis-Marie, Os acontecementos destes dias recordannos o peso dunha imaxe, e en nome do profesorado e o alumnado do noso centre fágoche chegar esta mensaxe. Trátase dunha mensaxe que che queremos facer chegar como Director do centro co que facemos o Intercambio , é unha mensaxe que sae dos corazóns dos todos nos. Desexamos que os lápis sigan como símbolo da Escola e o que saia deles non sexa nunca sangue todo o contrario que sexa a amizade como son os nosos Intercambios Escolares En Oleiros “Nos somos Charlie” porque somos tamén vaneteses Fraternalmente )
Este correo xa foi respondido polo Director do centro agradecendo as intencións e que ia expor no Colexio as fotos e o correo que lle mandamos.
O alumnado de cuarto acudiu o día 19 de Decembro ao museo de BBAA da Coruña para profundar na obra de Goya e para participar nun taller de gravado, tamén foi aproveitada a visita para ver as obras contemporáneas alí exportas. Foi organizado polo Departamento de Xeografía e Historia e acompañados polos profesores Xosé Antón García e Carmen Rodeja.
Durante o mes de novembro o alumnado de terceiro curso da ESO do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha semana no lugar de Os Peares nun campamento lúdico e participativo co obxectivo de mellorar o nivel de inglés.
A actividade foi enormemente proveitosa xa que “foi posible pasalo ben e aprender á vez”. Transcurríu unha semana no campamento en réxime de internado con monitores nativos de Australia e Reino Unido,
Polas mañás as actividades eran de medio ambiente, con talleres de reciclaxe ou charlas sobre animais en extinción, despois xogos. Pasado o xantar, e despois dun tempiño de lecer, a preparación da presentación oral dun tema para expoñer en público. Pola noite, despois da cea e das duchas, eran as actividades lúdicas con discoteca, karaoke, ou xogos da “noite misteriosa” ou “busca do tesouro”.
Considera o alumnado unha experiencia inesquecible na que se fixeron amigos e perfeccionaron a fluidez na fala do inglés. Destacan tamén a profesionalidade dos monitores e a rapidez coa que pasou o tempo. A todos lles gustaría repetir.