Arquivo da categoría: Alumnado
VISITA A REPSOL

O pasado 21 de maio, o alumnado de cuarto da ESO que ten intención de facer o bacharelato na rama de ciencias, visitou a Refinería de Repsol de A Coruña, na que lles explicaron o proceso de obtención de tódalas sustancias que se extraen do petróleo que chega ao porto exterior, a forma de conducilo e tamén a de reparto dos productos que se obteñen tanto por terra como por mar. Tamén foron informados de proxectos de colaboración coas institucións locais nos que está inmersa a empresa e das novas formas e utilizacións da enerxía. A visita finalizou cun pincho nas instalacións que foi moi agradecido, despois dun longo percorrido en bus ao longo dos dous concellos que ocupa para explicar cada unha das partes da planta industrial.
CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO (PEB) CORRESPONDENTES AO CURSO 2024-2025
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2025/26
PARABÉNS Carla e Jana!
Parabens para Alba e Marta
O pasado 20 de maio as nosas alumnas Alba Caridad Castro e Marta Fernández Villar recibían o primeiro premio e accesit para a categoría de alumnado de 1º e 2º de ESO no XI Certame literario Descubrindo Oleiros organizado polo SNL municipal.
Noraboa!!!!

Imaxe tomada do instagram do Concello de Oleiros
CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO
NORABOA Á NOVA PROMOCIÓN DE BACHARELATO 2023-2025
CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DA ESO
CALENDARIO DE FINAL DE CURSO DE 2º BACHARELATO
Segundo o calendario escolar publicado ao comezo do curso, o 15 de maio é o último día lectivo de 2º de Bacharelato. A partir do luns 19 de maio comezarán as clases de reforzo e de preparación das PAU ordinarias.





