Arquivos da etiqueta: Concello de Oleiros

MOZAS E MOZOS REFERENTES

O pasado luns, día 13 de marzo, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional.
Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consiste en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir,  ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.

Un día en Galicia con 1º ESO

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os días 14, 15 e 16 de marzo o alumnado de 1º ESO disfrutou dunha xornada de descubrimento e aprendizaxe no Castro de Viladonga e na cidade vella de Lugo grazas ao programa “Un día en Galicia” do Concello de Oleiros. A actividade, promovida polo Departamento de Xeografía e Historia, contou coa marabillosa labor de Marta, Ana e Fran, os/as monitores/as que sempre nos guían nestas saídas. Moitas grazas a elas e tamén ao Museo do Castro de Viladonga, polo seu caloroso recibimento!

“UN DÍA EN GALICIA” CON 3º ESO

Nos días 29 e 30 de marzo os grupos de 3º ESO disfrutaron dunha excursión en Santiago de Compostela, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia. Ao longo da xornada puideron visitar o Museo do Pobo Galego, descubrir os numerosos rincóns que agochan as rúas compostelás, así como a súa monumental catedral, pasear pola súa fermosa Alameda e rematar a tarde cunha andaina á beira do Sarela.

O pase de diapositivas require JavaScript.

“UN DÍA EN GALICIA” CON 2º ESO

Os días 23, 24 e 25 de marzo o alumnado de Xeografía e Historia de 2º ESO participou na actividade “Un día en Galicia”, organizada polo Concello de Oleiros.

Desta volta, disfrutaron dunha fermosa andaina polas Fragas do Eume, en cuxo interior visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Despois do xantar, achegáronse ao coñecemento das pegadas medievais visibles na vila de Pontedeume e arredores, antiga Terra dos Andrade, incluíndo a marabillosa Torre de Nogueirosa.

“UN DÍA EN GALICIA” CON 1º ESO

Os pasados días 16, 17 e 18 de marzo os grupos de 1º ESO participaron na actividade “Un día en Galicia”, organizada polo Concello de Oleiros e impulsada polo Departamento de Xeografía e Historia.
A actividade incluíu a visita ao Castro de Viladonga e ao seu centro de interpretación, onde participaron nun interesante obradoiro de confección de tecidos seguindo a tecnoloxía castrexa. Pola tarde, a xornada continuou coa visita á zona vella de Lugo, onde descubriron numerosos aspectos sobre a orixe romana e a magnífica muralla desta cidade.

O pase de diapositivas require JavaScript.

CHARLA DA EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO

O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura  Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente.  Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

 

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural  e Literario, actividade na que  se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado. Seguir lendo ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

ABC DEBUXARIO

O pasado venres 15 de febreiro o alumnado de 3º de ESO do IES
Plurilingüe Xosé Neira Vilas participou nun obradoiro de ilustración
na Biblioteca Municipal Rialeda. Miguel Cuba, responsable desta
actividade, conseguiu espertar neles a faceta creativa que todas e
todos levan dentro. A actividade inclúese na programación de actividades de fomento da lectura do Concello de Oleiros.

Seguir lendo ABC DEBUXARIO

SUBVENCIÓN PARA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE DO CONCELLO DE OLEIROS

O Concello de Oleiros concedeu ao IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, mediante Decreto da alcaldía nº 5485/2018, de 26 de decembro,  de 7168 € (sete mil cento sesenta e oito euros) para os seguintes conceptos:

Actividades didácticas, deportivas e culturais (representacións teatrais, visitas a entidades, museos e exposicións, intercambio co SchuleEins de Berlín, viaxe europea a Polonia,…) para 327 alumnos e alumnas, viaxe de fin de etapa da ESO a Dublín para 24 alumnos/as e intercambio cultural co Collége Notre Dame Le Ménimur (Bachibac) para 13 alumnos/as“.