Arquivos da etiqueta: Paula Varela
Día do Deporte #NaCasa
O 28 de abril íase celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA, e o noso instituto estaba inscrito para participar. Pero como iso xa non é posible, os organizadores pensaron que se celebrara igualmente, mais agora será o DÍA DO DEPORTE NA CASA.
Polo tanto, dende o departamento de Educación Física do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas propuxemos varias actividades físico-deportivas a xeito de reto. Foron propostos ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO baixo o hashtag #DEFC2020 # DEFR2020 .
O obxectivo da tarefa é demostrar a importancia da materia de Educación Física para o mantenemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguir reivindicando o lugar que lle corresponde e máis agora durante o confinamento.
Semana Branca
Do 26 ao 31 de xaneiro de 2020 tivo lugar, na estación de Formigal, a realización da #SemanaBranca con alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato. Un total de 32 alumn@s esquiaron e exploraron Jaca, e case tod@s superaron o nivel intermedio, recibindo o diploma correspondente!!! Baixaron tod@s as pistas azuis e algúns/has atrevéronse coas vermellas; tamén fixeron o circuito “funny track”, con diversas probas. Con folgos renovados, regresan ás aulas para reemprender o curso académico.
Bodi-Box 2019
Coa colaboración do Concello de Oleiros, o alumnado de 1º ESO ten disfrutado ao longo deste mes de decembro dunha sesión de Bodi-Box na piscina de Perillo. Complétase así o ciclo de actividades deportivas para a ESO deste trimestre. Velaquí algúns momentos destas actividades.
Zumba 2019
Durante a semana final de novembro, o alumnado de 2º ESO participou en sucesivas sesións de Zumba, nas instalacións da piscina de Perillo. Esta actividade realizouse en colaboración co concello de Oleiros.
- Velaquí algún intres desta actividade.
Festa de outono
O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.
Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.