Arquivo da categoría: Curso Actual

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO (CURSO 2026-2027)

Xa están publicadas no taboleiro do centro e na aplicación admisionalumnado:
– as listaxes definitivas do alumnado admitido nos cursos de 3º e 4º ESO e 2º Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía).
– as listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído nos cursos de 1º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato (Ciencias Sociais e Humanidades), por ser os postos escolares ofertados inferiores ao número de solicitudes de admisión.
Poderase formular reclamación ás listaxes provisionais ante o Consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (do 29 de abril ao 6 de maio, ambos incluídos). Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación das listaxes definitivas.

OBRADOIROS DE JIU-JITSU ORGANIZADOS POLA ANPA ARCE

A Anpa “Arce” do noso centro organizou unha serie de obradoiros de Jiu-Jitsu destinados ao alumnado de 1º ESO a 1º Bacharelato e impartidos na segunda quincena de abril polo Judo Club Coruña. O venres 17 de abril o xornal “La Opinión” de A Coruña adicoulle á iniciativa unha reportaxe, que se pode consultar no seguinte enlace: https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2026/04/17/jiu-jitsu-acoso-escolar-oleiros-neira-vilas-129183685.html

BEGOÑA CAAMAÑO E A REESCRITURA DO MITO

Grazas ao Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Oleiros, os grupos de 2º de Bacharelato puideron gozar o pasado 16 de abril dun revelador obradoiro sobre Begoña Caamaño. Antía Otero impartiu esta actividade ilustrativa non só da escrita da autora a quen se lle dedican as Letras Galegas de 2026, senón que tamén nos levou de viaxe polos territorios gregos, por Ítaca ou por Eea. Ademais, achegámonos a Avalon da man de Morgana e, por último, e máis relevante tomamos a man de Circe e de Penélope e experimentamos a escrita sorora cos nosos bolis. Rematamos esta xornada e levamos na nosa cabeza o convencemento de que nós “tamén navegar”!