O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO. O primeiro premio individual foi para Alberto Pérez Vishneuskiv, alumno de 1º da ESO, mentres que o segundo recaeu en Sergio Carnero Cadavid, alumno de 2º da ESO. O primeiro premio para grupos recaeu en Lucía Hermida e Antela Couceiro, de 4º da ESO, e o segundo no grupo de rockeiras integrado por alumnas de 3º da ESO.
Todolos artigos de: vicedireccion
Obradoiro de banda deseñada
Os días 7, 8 e 9 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Biblioteca Rialeda para asistir a un obradoiro de banda deseñada impartido por Fran Bueno. Traballaron as técnicas de elaboración dun cómic e realizaron un guión. Colaboraron na organización da actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Plástica, o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Lingua Castelá, Vicedirección, o Servizo de Normalización da Lingua Galega do Concello de Oleiros e a rede de Bibliotecas Municipais do concello.
Visita á Santiago de Compostela
O 7 de marzo, o alumnado de Historia da Arte e de Historia da Música e a Danza realizou unha saída a Santiago de Compostela. Visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos (Hostal dos Reis Católicos, Santo Domingo de Bonaval, Convento de Santa Clara) que lles permitiu repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca.
Xornada Informativa sobre a E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña
O pasado 15 de febreiro, estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría, e Iván Couceiro, para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar:
- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas.
Charla sobre supercondutividade
Dentro do progr
ama “APONTE” da USC (Universidade de Santiago de Compostela) o profesor Jesús Manuel Mosqueira Rey impartiu unha charla sobre supercondutividade dirixida á alumnado de 1º e 2º de bacharelato.
O relator, que é profesor da Facultade de Física e ademais é investigador no Laboratorio de Baixas Temperaturas e Supercondutividade da USC , falou sobre a investigación e as numerosas aplicacións dos materiais supercondutores.
Unha das aplicacións máis espectaculares é a levitación magnética que o profesor presentou por medio dunha maqueta de tren.
Alumnos contan a profesores a súa experiencia investigadora
Alumnos de 1º e 3º de ESO do noso Instituto relataron a súa actividade de traballo na clase de Historia. Foi realizado o pasado día 21 de Febreiro no Centro de Profesores de A Coruña a un grupo de docentes e dentro do curso “Fontes para a investigación Histórica” no que son relatores os profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen G-Rodeja.
Alumnos de 1º e 3º de ESO do noso Instituto relataron a súa actividade de traballo na clase de Historia a un grupo de docentes e dentro do curso “Fontes para a investigación Histórica” no que son relatores os profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen G-Rodeja.
A actividade realizouse o pasado 21 de Febreiro no Centro de Profesores de A Coruña (CEFORE) e participaron os alumnos Orleni Mateo, Victor Veloso, Hellen Diel, Claudia Pampín, Lara Nombela, Brandon Vázquez e Efrén Nieto que expuxeron os seus traballo de investigación histórica con fontes escritas orais e documentais, os obxectivos, o proceso de investigación e os resultados obtidos nas clase de Historia e Xeografía de 1º e 3º da ESO.
Concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”
O departamento de Normalización Lingüistica en colaboración co Departamento de Plástica organizaron o concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”. Os gañadores foron José Vázquez Longueira, Sarai Muíños Blanco, Rocío Pérez Colombo, Carla Franco Molina de 4º da ESO e Irene Míguez Gracia de 2º de Bacharelato.
Concurso de conxuros
O día 21 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os premios dos conxuros de Samaín, cuxa temática xiraba arredor do tema do proxecto deste curso no centro, “O Humano”, xa que o alumnado participante tiña que crear un conxuro para humanizar aquilo que lle resultase demasiado inhumano. Os gañadores foron María Rodríguez Mejuto, Pablo Castiñeiras Armada e Javier Moya Sánchez, de 2º da ESO. Pódense consultar os textos gañadores no blogue da biblioteca do centro:
Enlace aos relatos
Visita ao Museo Arqueolóxico
Para organizar a próxima visita dos seus compañeiros, un grupo de alumnos de 1º de ESO estivo no Museo Arqueolóxico onde prepararon as actividades didácticas e o taller de arqueoloxía.
Charla con Xián Lois Alcayde Dans
O día 7 de decembro, no ámbito da Semana dedicada á lembranza do escritor Xosé Neira Vilas, o alumnado do centro tivo un encontro con Xián Lois Alcayde Dans, gañador do I Concurso “Balbino” de Relatos coa obra “Camiños na sombra” publicada por Fervenza Edicións.
Xián Lois, alumno do IES María Casares hai escasos anos, falounos dos seus comezos como escritor, tanto de ficción como de textos xornalísticos, da temática e técnica narrativa do seu libro, da súa visión do rural contemporáneo e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías á hora de publicar.
O encontro rematou coa intervención do alumnado que realizou numerosas preguntas ao auto. A continuación pode escoitar o audio da súa intervención.

