O 18 de decembro de 2015, o IESP celebrou a macro-actividade #NeiraNunDía, unha co-participación da comunidade educativa ao longo de seis horas nas que o deporte, a investigación, a teatralización, a música, a chispa e o humor serviron para entrelazar aínda máis aos membros deste instituto.
Grazas a tod@s pola ilusión e o traballo amosado, en #NeiraNunDía, en Refuxiad@s e en #Hakaneira. Estas actividades reflectiron a variedade de aprendizaxes que ao longo dunha xeira se pode lograr.
Presentación de Refuxiad@s. Un video sobre campamentos de refuxiados no mundo. Un video sobre a leitura de “Cuando Hitler robó el conejo rosa“.
Presentación de #Hakaneira. Un video introdutorio.
Desexámosvos un moi Bo Nadal e próspero 2016, e facémolo lembrando a belísima panxoliña que profesores e alumnos prepararon para a ocasión, “Nadal de Luintra” .
Todolos artigos de: vicedireccion
Eu son Neira Vilas
O día 3 de novembro o escritor Xosé Neira Vilas festexaba o seu aniversario. Desde o IESP enviouse un vídeo-agasallo no que o profesorado, alumnado e persoal do centro asumía a personalidade do escritor partindo da célebre frase coa que comeza “Memorias dun neno labrego”. O que ía ser un agasallo converteuse o día 27 nunha homenaxe a súa vida e obra.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega colgou na súa web o video elaborado pola comunidade educativa do centro e xa o puxo en facebook.
Homenaxe a Neira Vilas
A nosa Comunidade Educativa celebrou un acto de lembranza e homenaxe a Xosé Neira Vilas o día 4 de decembro.
Interviu en primeiro lugar o director para salientar a honra de levar o seu nome e lembrar o agarimo que el sempre sentiu polo noso centro. Falou a continuación Xosé Carballude, como profesor e amigo que foi do egrexio escritor, para dar paso a continuación a unha ampla representación de nosa colectividade (alumnado, persoal non docente e familias) que leron diversos textos nas diversas linguas de orixe de todos eles. Interviu a continuación a Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros e pechouse o acto con dúas actuacións musicais.
SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
O Concello de Oleiros concedeulle ao Instituto unha subvención de 4.900,00 € dentro da convocatoria de Subvencións para a promoción e difusión da cultura e o deporte no ano 2015.
Magosto-Samaín 2015
O EDLG organizou na semana do 9 ao 13 de novembro unha serie de actividades para festexar algunhas das celebracións máis características deste mes. A tarde do luns 9 de novembro tivo lugar un magosto no patio do IESP para o alumnado da ESO e o profesorado. Cada un trouxo unha presiña de castañas para asar mentres se desenvolvía a xincana de xogos populares. O martes 10, o alumnado de 1º da ESO asistiu ao espectáculo “Contos de Defuntos” a cargo da compañía “A tropa de trapo” no que se revisaron a actualizaron algúns dos relatos de medo asociados á cultura galega tradicional. Ao longo da semana exhibíronse as cabazas decoradas na entrada do centro, así como se recolleron os textos máis terroríficos das rapazas e rapaces que decidiron participar no “Concurso de conxuros”.
Actividade de remo
Día da Ciencia en Galego
Un ano máis festéxase o Día da Ciencia en Galego coa colaboración da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua. O día 4 de novembro, as rapazas e rapaces de 3º da ESO participaron da videoconferencia vía web a cargo de Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC. Introduciu o alumnado no funcionamento da mente humana e en como constrúe a realidade e o propio “eu”.
Parabéns a Xosé Neira Vilas
O pasado 3 de novembro foi o cumpreanos do escritor e amigo Xosé Neira Vilas. Desde o instituto desexóuselle un aniversario ben feliz a través dunha felicitación e un vídeo realizado polo Departamento de Dinamización da Lingua e o Departamento de Actividades Extraescolares no que colaborou o profesorado, conserxes e alumnado.
#BacktoSchool

O pasado 29 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato participou na experiencia #BacktoSchool da man dos funcionarios europeos Marcos Pérez e Paula Álvarez. A iniciativa pretende achegar a realidade comunitaria europea ao alumnado de ensino non universitario, e contou con esta primeira posta en práctica no IESP Neira Vilas no curso académico 2015-16.
Campaña de recollida de alimentos
O noso instituto súmase á campaña de recollida de alimentos, organizada polo Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros do 3 ao 13 de novembro. Invítase a todos os membros da comunidade educativa, que podan facer este esforzo, que aporten conservas animais ou vexetais, aceite, vinagre, fideos, fariña ou sucre.
