O libro de lectura, Furia encantounos e estabamos a desexar que a autora viñese ao centro para poder preguntarlle moitas curiosidades. Este martes puidemos coñecela e levamos unha gran sorpresa! O alumnado de terceiro argallara unha presentación con María Reimóndez e incluso unha mostra, en vivo e en directo, da novela!
O encontro coa autora foi moi divertido e aprendemos moitas cousas que levamos con nós ben aconchegadas como a empatía, poñernos na pel da outra persoa ou a importancia de encontrar o deporte que nos faga sentir máis felices como lle aconteceu a Cecilia co boxeo.
Ademais, asinounos os libros e puidemos levar un recordo moi especial.
Arquivo da categoría: Curso 2024-2025
Letras Galegas 2025 coa A.F. Aturuxo
O día 15 comezou a celebración das Letras Galegas no IES Neira Vilas. E non podía haber mellor maneira de empezar que saíndo ao torreiro coa Agrupación Folklórica Aturuxo!
Os grupos de terceiro da ESO asistiron, na Fábrica, a unha xornada ben especial con aquelas persoas que forman parte de Aturuxo. Desde a emoción de quen acompañou as Pandereteiras de Mens polo mundo e desde o espazo do querer pola nosa tradición oral de cantadoras e tocadoras, coñecemos un chisquiño máis a historia das mulleres que nos transmitiron un tesouro. Pero non só! Tamén puxemos en práctica o aprendido e subimos ao palco para sacar punto e ata houbo quen se animou a facer soar as ferreñas!
Grazas ben sentidas por esta oportunidade de gozar cos maneos e as muiñeiras, A.F. Aturuxo! Foi unha xornada chea de ledicia e emoción!
Correlingua 2025
O pasado 6 de maio os grupos de segundo da ESO participaron na XXV edición do Correlingua. Desta forma, o IES Xosé Neira Vilas participou nesta xuntanza dos centros educativos da Coruña baixo o lema a mocidade activa por unha lingua digna e percorreron o paseo marítimo desde o estadio de Riazor ata a Torre de Hércules.
Isabel Risco e Pauliña animaron coas súas intervencións esta xornada tan especial da que gozou o noso alumnado.
NORABOA Á NOVA PROMOCIÓN DE BACHARELATO 2023-2025
CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DA ESO
CALENDARIO DE FINAL DE CURSO DE 2º BACHARELATO

ADMISIÓN ORDINARIA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2025-2026: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITVAS
REALIZACIÓN DOS EXAMES DO DELF SCOLAIRE
CONVOCATORIA DAS AXUDAS DO MINISTERIO PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O 25 de abril publicouse no BOE a resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2025-2026. O prazo para solicitalas está aberto desde o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025. Toda a información sobre estas axudas e o procedemento para solicitalas pódese consultar no seguinte enlace: https://www.
2 DE MAIO, DÍA NON LECTIVO DO NOSO CENTRO
Segundo se comunicou a toda a comunidade educativa a través de Abalar, a Dirección Territorial autorizou o vindeiro venres, 2 de maio, como día non lectivo de centro, polo que nesa data non haberá clase e o centro permanecerá pechado.